Sonny Bono
Salvatore Phillip "Sonny" Bono, nado en Detroit (Míchigan) o 16 de febreiro de 1935 e falecido en Stateline (Nevada) o 5 de xaneiro de 1998, foi un produtor discográfico, cantante, actor e político estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bono comezou a súa carreira musical traballando para o produtor discográfico Phil Spector no inicio dos anos 1960. Máis tarde na mesma década, tivo un grande éxito comercial coa súa entón dona Cher, como parte do dúo Sonny & Cher. Bono escribiu, fixo os arranxos e produciu sinxelos de éxito como I Got You, Babe e The Beat Goes On. Entre 1971 e 1974 protagonizaron un programa da CBS, The Sonny & Cher Comedy Hour. En 1974 divorciouse de Cher e comeza a actuar con pequenos papeis en series como Fantasy Island e The Love Boat.
Foi alcalde de Palm Springs e congresista republicano por California (1994-1998).
A Copyright Term Extension Act dos Estados Unidos, que estendeu a duración do copyright por 20 anos, foi nomeada na súa honra cando foi aprobada polo Congreso dos Estados Unidos de América nove meses despois da súa morte. Mary Bono, a súa última muller, foi unha das principais promotoras da lexislación, tamén coñecida como a Sonny Bono Copyright Term Extension Act.[1]
Bono faleceu por mor dun accidente de esquí en 1998.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "U.S. Copyright Office: Annual Report 2002: Litigation". Copyright.gov. Consultado o 2011-01-21.