Soncino
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| País | Italia | ||||
| Rexión | Lombardía | ||||
| Provincias | Provincia de Cremona | ||||
| Capital de | |||||
| Capital | Soncino | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 7.490 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 45,32 km² | ||||
| Altitude | 89 m | ||||
| Comparte fronteira con | Casaletto di Sopra (pt) Roccafranca (pt) Torre Pallavicina (pt) Villachiara (pt) Orzinuovi (pt) Fontanella (pt) Genivolta (pt) Cumignano sul Naviglio (pt) Ticengo (pt) | ||||
| Santo padrón | Martiño de Tours | ||||
| Organización política | |||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 26029 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 0374 | ||||
| Identificador ISTAT | 019097 | ||||
| Código catastral italiano | I827 | ||||
| Sitio web | comune.soncino.cr.it | ||||
Soncino é unha localidade e comuna italiana da provincia de Cremona, na rexión da Lombardía, con 7.641 habitantes.
Situación
[editar | editar a fonte]Soncino está situado no val do Po, no centro da Lombardía, na fronteira entre as provincias de Cremona, Brescia e Bérgamo. Situada ás beiras do río Oglio.
Historia
[editar | editar a fonte]
As orixes de Soncino non son claras. Algúns sitios arqueolóxicos esporádicos (puntas de frecha, un tesouro de bronce e cobre), só poden supoñer que o lugar foi un sitio de paso das poboacións prehistóricas a través deste territorio.[1]
A chegada dos celtas (Séculos V - III a.C.) coincide, probablemente co nacemento dunha zona fronteiriza. Inicialmente entre os celtas e os etruscos.[1]
Da época do Imperio romano recuperáronse algúns pedazos de ladrillo. Os anos finais do Imperio, coa chegada dos pobos xermánicos, considérase como o momento histórico da fundación de Soncino. Coas invasións dos húngaros no século X o norte de Italia viviu un período de fortificación, que tamén afectou a cidade, comezando a elevarse os primeiros muros do que sería o Castelo de Soncino.[1]
Durante o século XV a cidade viuse afectada pola guerra entre a República de Venecia e o Ducado de Milán, que rematou con Soncino baixo dominio milanés. Neste momento o duque Francisco I Sforza ordena a construción da fortificación.[1]
En 1536 o Ducado de Milán pasa a estar baixo dominio dos españois, comezando así a decadencia da cidade. O emperador Carlos V deixa a cidade en mans da familia Stampa.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 "Soncino Storia" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2016. Consultado o 19 de abril de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soncino |
| A Galipedia ten un portal sobre: Lombardía |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web (en italiano)

