Saltar ao contido

Soiuz TMA-12M

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz TMA-12M
TipoTripulada
Data de lanzamento25 de marzo de 2014, 21:17 GMT[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][5]
Duración da misión169,21 días[5]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso11 de abril de 2014, 2:23 GMT[1][5]
NSSDC ID2014-013A
Masa7200 kg[5]

Soiuz TMA-12M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 25 de marzo de 2014 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz TMA-12M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Oleg Artemiev, Aleksandr Skvortsov e Steven Swanson a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. A nave acoplouse ao módulo de investigación Poisk (MRM2, Mini Research Module 2) cun atraso dun día debido a un problema de software e regresou o 11 de setembro de 2014 ás 2:23 GMT. Na nave ía o facho olímpico dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 que tiveron lugar en Sochi (Rusia).[2][3][4]

A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-12M estaba formada por Aleksandr Samokutiaiev, Elena Serova e Barry Wilmore.[5][2]

  1. 1 2 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 12M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 12M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
  3. 1 2 3 "Note verbale dated 12 May 2014 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (14-04242 (E)). 24 de xuño de 2014: 2. Consultado o 5 de xullo de 2021.
  4. 1 2 3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 01M - 20M (7K-STMA, 11F732A47)" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
  5. 1 2 3 4 5 6 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-12M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]