Saltar ao contido

Soiuz MS-20

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz MS-20
A Soiuz MS-20 achegándose á estación.
TipoTripulada
Data de lanzamento8 de decembro de 2021[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz 2-1a[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso20 de decembro de 2021[1]
NSSDC ID2021-119A

Soiuz MS-20 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 8 de decembro de 2021 mediante o un foguete Soiuz 2-1a desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz MS-20, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Alexander Misurkin, Yusaku Maezawa e Yozo Hirano a bordo (a tripulación de respaldo eran Aleksandr Skvortsov e Shun Ogiso), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Unha vez en órbita chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas e acoplándose ao módulo Poisk.[2][3][4][5]

A Soiuz MS-20 levou a bordo aos turistas espaciais Yusaku Maezawa (empresario) e Yozo Hirano (axudante do primeiro) para unha estancia de 12 días na estación. A tripulación fixo un total de nove experimentos na estación antes de volver, o 20 de decembro. A nave aterrou a 148 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Kazakhstán).[2][3][4][5]

  1. 1 2 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-20" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS 20" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024.
  3. 1 2 3 4 "Note verbale dated 21 January 2022 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (22-00925 (E)). 21 de febreiro de 2022: 2. Consultado o 27 de novembro de 2024.
  4. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024.
  5. 1 2 3 4 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-20 delivers tourists to ISS" (en inglés). Consultado o 12 de febreiro de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]