Saltar ao contido

Soiuz MS-15

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz MS-15
A Soiuz MS-15 partindo da ISS.
TipoTripulada
Data de lanzamento25 de setembro de 2019[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso17 de abril de 2020[1]
NSSDC ID2019-064A

Soiuz MS-15 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 25 de setembro de 2019 mediante o último foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz MS-15, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Oleg Skripochka, Jessica Meir e Hazzaa Ali Almansoori a bordo (a tripulación de respaldo eran Sergei Rizhikov, Thomas Marshburn e Sultan Al-Neyadi), foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. A Soiuz chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas e media, acoplándose ao módulo Zvezda e coa tripulación uníndose aos membros das Soiuz MS-12 e MS-13 xa a bordo. O asento de Almansoori foi movido da Soiuz MS-15 á MS-12, xa que volvería nesta nave.[2][3][4][5]

Tras 205 días en órbita, a Soiuz MS-15 desacoplouse do módulo Zvezda o 17 de abril de 2020 con Skripochka e Meir a bordo. A Soiuz 15 aterrou a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Kazakhstán).[2][3][4][5]

  1. 1 2 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-15" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-15" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024.
  3. 1 2 3 4 "Note verbale dated 17 October 2019 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (19-10591 (E)). 30 de outubro de 2019: 2. Consultado o 27 de novembro de 2024.
  4. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024.
  5. 1 2 3 4 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Final Soyuz-FG rocket delivers ISS crew" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]