Thomas Marshburn
Thomas Marshburn | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 29 de agosto de 1960 |
Lugar | Statesville |
Actividade | |
Misións | STS-127, Soiuz TMA-07M e SpaceX Crew-3 |
Tempo no espazo | 161,29 días |
Premios | Medalha de Serviço Distinto da NASA |
[ editar datos en Wikidata ] |
Thomas Henry "Tom" Marshburn, nado en Statesville, Carolina do Norte, o 29 de agosto de 1960, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións STS-127 e Soiuz TMA-07M e foi membro das expedicións 34 e 35 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Marshburn graduouse en física pola facultade Davidson en 1982 e é máster en enxeñaría física pola Universidade de Virginia en 1984. Ten un doutoramento en medicina pola Universidade Wake Forest 1989 e é máster en ciencias médicas pola Rama Médica da Universidade de Texas en 1997.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en maio de 2004, participando nas misións STS-127 e Soiuz TMA-07M e sendo membro das expedicións 34 e 35 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 161,29 días no espazo.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Marshburn, Thomas Henry 'Tom'" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (4 de agosto de 2017). "Thomas H. Marshburn (M.D.) NASA Astronaut" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Thomas Marshburn ![]() |