Xurxo II de Grecia
(1942) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de xullo de 1890 Palácio de Tatoi |
| Morte | 1 de abril de 1947 Atenas |
| Lugar de sepultura | Cemiterio Real de Tatoi |
| 3 de novembro de 1935 – 1 de abril de 1947 ← sen valor – Paulo I de Grecia → | |
| 27 de setembro de 1922 – 25 de marzo de 1924 ← Constantino I de Grecia – Supresión do cargo → | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Igrexas greco-ortodoxas |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Membro de | |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Forças Armadas Gregas (pt) |
| Rango militar | mariscal de campo mariscal |
| Participou no conflito | Primeira Guerra Balcánica Segunda Guerra Balcánica Segunda Guerra Mundial Guerra Civil da Grécia (pt) |
| Familia | |
| Familia | Familia real grega |
| Cónxuxe | Isabel da Roménia (1921–1935), divorcio |
| Pais | Constantino I de Grecia |
| Irmáns | Paulo I de Grecia Alexandre I de Grecia Helena de Grecia Irene de Grecia Catarina de Grecia |
| Premios | |
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926 - 1947) |
Xurxo II (en grego: Γεώργιος Β΄: , Geórgios II) nado o 19 de xullo de 1890, e finado o 1 de abril de 1947, foi o rei de Grecia dende 1922 até 1924 e dende 1935 até 1947. Era fillo primoxénito do rei Constantino I e de Sofía de Prusia, e membro da casa real de Glücksburg. Casou e posteriormente divorciouse da princesa Sabela de Romanía, sen ter descendencia.
Obrigado a abandonar o país despois do desastre bélico contra os turcos e as desavinzas co primeiro ministro Venizelos (1925), exiliouse en Londres. Puido restabelecer a monarquía en 1935 grazas á colaboración co xeneral Ioannis Metaxas e o estabelecemento dunha ditadura (1936-1941). Despois da ocupación alemá de Grecia, marchou a Creta e posteriormente a Exipto para acabar exiliándose en Londres (1941). Regresou a Grecia no ano 1946 despois da vitoria da opción monárquica no referendo do mesmo ano. Creou a Cruz de Voo 1945 como recoñecemento ós pilotos por accións de valor en voo durante a segunda guerra mundial.