Snits
Antigo concello de Snits | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Situación xeográfica | |||||
![]() | |||||
País: | ![]() | ||||
Provincia: | ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Supericie • Terra • Auga |
34,04 km² 30,1 km² 3,94 km² | ||||
Poboación | |||||
Poboación: | 33.431 (2008) | ||||
Densidade: | 1.111 hab/km2 | ||||
Información | |||||
Código postal: | 8600 - 8633 | ||||
Alcalde: | Derradeiro alcalde: Haijo Apotheker (Demócratas 66) | ||||
Sitio na web: | www.sneek.nl |
Snits ( uitspraak (axuda · info)) é unha cidade e antigo concello de Frisia (Países Baixos) integrado o 1 de xaneiro de 2011 no novo concello de Súdwest Fryslân que abrangue boa parte do suroeste de Frisia, con Snits como a capital do novo concello. A cidade localízase ao suroeste da capital frisoa Ljouwert e conta con case 33.000 habitantes, constituíndo un centro importante no suroeste frisón, cun importante porto no Snitser Mar e entre os seus monumentos salienta o Wetterpoarte, coñecido internacionalmente polo seu nome en neerlandés, Waterpoort, unha porta que conecta a cidade co mar que se converteu no símbolo da cidade. A cidade tamén ten unha longa tradición de competicións deportivas no mar, a máis coñecida é o Sneekweek, dedicada á vela, e tamén é un dos puntos polo que pasa o Alvestêdetocht, unha competición de patinaxe de velocidade sobre xeo. Snits é unha das once cidades tradicionais de Frisia, coñecidas como Fryske stêden.
Poboación[editar | editar a fonte]
O concello de Snits contaba con 33.431 habitantes o 1 de xaneiro de 2010[1], ademais da propia capital municipal había outras tres entidades de poboación recoñecidas: Ysbrechtum con 650 habitantes en 2008, Offenwier, 160 habitantes, e Loaiïngea que conta con 70 habitantes[2].
Historia[editar | editar a fonte]
Snits edificouse orixinalmente nun promontorio areoso, aumentando tras a construción ao sur dun dique que permitiu a formación dun pólder coñecido como Skerhim, conformándose a cidade arredor dunha vía fluvial, coñecida nos documentos antigos como Magna Fossa [3], esas vías fluviais con saída cara ao norte (Geau, Snitser Aldfeart) fixéronse necesarias pola desaparición do brazo de mar que formaba o esteiro do río De Boarn, o Middelsee. Ao longo do século XIII Snits recibiu diversos privilexios de cidade, en 1295 declarouse un gran incendio que destruiu case todas as súas casas[4], e a cidade tivo que volver a edificarse de novo, e en 1456 recibiu dereitos municipais[5], codificados no Stadboek. Por volta de 1492 comezou a construción das murallas ao seu redor, converténdose así na única cidade amurallada de Frisia [6], da antiga fortificación quedan a Wetterpoarte e o baluarte.
Economía[editar | editar a fonte]
A coñecida cadea de roupa C&A abriu a súa primeira tenda en Sneek en 1861[7]. En 1902 abriu a fábrica de Tonnema que elabora caramelos de menta baixo a marca KING. A cidade conta tamén con fábricas de aceiro, maquinaria de construción e cordelería náutica. Desde 1964 conta cunha fábrica de cremalleiras da YKK, que foi a primeira planta xaponesa nos Países Baixos, tamén Mitsui Sekka fabricante xaponés de fibras sintéticas ten unha planta na cidade.
Transportes[editar | editar a fonte]
As principais vías de comunicación que pasan polo concello son a autoestrada A7 que vai de Zaandam, na provincia de Holanda Setentrional ata a fronteira con Alemaña, a estrada provincial N354. O concello conta cunha estación de tren, aberta en 1883, e de autobuses na súa proximidade, as liñas de autobuses están servidas pola empresa pública Connexxion e o tren por Arriva Personenvervoer Nederland que conecta con Ljouwert e Starum. En barco pódense navegar o Houkesleat que conecta coa Canle da Princesa Margriet, Geau que liga con Drylts, De Swette con Ljouwert e Frjentsjerter Feart con Frjentsjer.
Monumentos[editar | editar a fonte]
- Wetterpoarte (1613)
- Casa do concello de Snits (1550, fachada 1763)
- Igrexa de Martiño (1480), cun conxunto de 50 campás
- Igrexa de San Martiño (1872)
Museos[editar | editar a fonte]
- Museo Marítimo de Frisia (1938)
- Museo Nacional de Miniaturas Ferroviarias (1984)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Centraal Bureau voor de Statistiek" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de marzo de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2010.
- ↑ "CBS" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2011. Consultado o 16 de decembro de 2010.
- ↑ Fritz Witt Beiträge zur Kenntnis der Flussnamen Nordwestdeutschlands, 1912, p. 103
- ↑ Abraham Jacob van der Aa Aardrijkskundig woordenboek der Nederlanden, Vol. 10, p. 509
- ↑ History of Sneek en sneek.nl[Ligazón morta]
- ↑ Grote Winkler Prins: Encyclopedie in twintig delen, Vol 17, 1973, p. 482
- ↑ "C&A. About us". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2010. Consultado o 17 de decembro de 2010.