Sneekweek

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha regata durante un Sneekweek na década de 1970

O Sneekweek en neerlandés e oficialmente e Snitswike en frisón, é un evento deportivo de vela organizado anualmente pola Koninklijke Watersportvereniging de Snits en Frisia, durante unha semana celébranse todos os días regatas en varias categorías no Snitser Mar, denominado en neerlandés Sneekmeer, e no Goaiïngarypster Puollen, ademais tamén se organizan varias actividades festivas na vila de Snits, como exhibicións de barcos, concertos e unha feira.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante a ocupación francesa, un personaxe popular en Snits, Jacob Visser foi obrigado a prestar servizo no exército francés e sen noticias del logo da ocupación foi declarado morto, pero en 1814 soubose que desertara e chegara a De Jouwer dirixíndose cara a súa vila natal en barco, os veciños fórono recibir nos seus propios barcos de xeito festivo, a cerimonia perviviu en anos posteriores, pero non foi ata 1935 cando se organizou por primeira vez a Sneekweek tal como se coñece agora. En 2010 como homenaxe no seu 75 aniversario participou a raíña Beatriz[1] co De Groene Draeck, o iate real.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A raíña Beatriz en Snits". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2010. Consultado o 27 de novembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]