Ysbrechtum
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino dos Países Baixos | ||||
| País | Países Baixos | ||||
| Provincias | Frisia | ||||
| Concello | Súdwest-Fryslân | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 8633 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código BAG | 3592 | ||||
Ysbrechtum é unha entidade de poboación de 650 habitantes no concello de Súdwest Fryslân (Frisia), situado a dous quilómetros de Snits. Ata a reorganización municipal de 1984 pertencía ao antigo concello de Wymbritseradiel cando pasou a depender do de Snits ata a súa disolución o 1 de xaneiro de 2011. Dentro dos seus límites está Epemastate, unha mansión (stins) construída en 1625. No leste do lugar salienta tamén o muíño para a extracción de auga coñecido popularmente como Amerikaanse wynmotor .
Historia
[editar | editar a fonte]Non se sabe cando xurdiu o asentamento, probablemente os primeiros habitantes estarían sobre un monte á beira do Middelsee, arredor do ano 1000 comezou o desecamento que durou séculos e finalmente os habitantes movéronse ás terras baixas. A localidade aparece mencionada por primeira vez nun documento de 1270 porén a igrexa databa do século XI ou XII, aínda que se derrubou en 1693 para construír unha nova que se inaugurou ao ano seguinte, aínda así esta igrexa tampouco se conserva e a actual data de 1865, nesa época case todo o territorio de Ysbrechtum era propiedade da igrexa ou da familia Rengers.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Amerikaanse wynmotor
- Indicador de Ysbrechtum na entrada da localidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web (en neerlandés)
