Saltar ao contido

Sitta himalayensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Sitta himalayensis
 Nome taxon
    Sitta himalayensis
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaSittidae
XéneroSitta
EspecieSitta himalayensis Editar o valor en Wikidata
Selby e Jardine, 1835 Sitta himalayensis Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
   14 g peso adulto Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
   5,3 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Freebase/m/02w89fg Editar o valor en Wikidata
ITIS563021 Editar o valor en Wikidata
UICN22711164 Editar o valor en Wikidata
CoL4XTSH Editar o valor en Wikidata
EOL1051074 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Sitta himalayensis é unha especie de ave paseriforme da familia Sittidae, que vive en Asia.

A súa distribución abrangue as rexións norte e nordeste do subcontinente indio, principalmente nos Himalaias baixos a medios, así como en serras asociadas. Encóntrase en Bután, India, Laos, Birmania, Nepal, Tíbet, Tailandia e o noroeste de Vietnam.[1]

Descrición e ecoloxía

[editar | editar a fonte]
Ilustración de John Gould.
Un S. himalayensis en Bután.

Esta especie diferénciase da agatuñadeira de Caxemira (Sitta cashmirensis) por ter a bigoteira máis escura e un peteiro máis pequeno. A cor branca das plumas superiores da cola fano difícil de ver no campo. Ten un peteiro e partes inferiores laranxa avermelladas con cobertoiras claras subcaudais.

Vive na rexión do subhimalaia desde Himachal Pradesh ata Arunachal Pradesh e nos montes do sur de Assam (montes Lushai). Reprodúcese entre marzo e maio en bosques latifolios e mixtos.[2]

O seu hábitat natural son os bosques de terras baixas húmidas subtropicais ou tropicais e os bosques de montaña húmidos tropicais ou subtropicais.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Segundo o Congreso Ornitolóxico Internacional e Alan P. Peterson non se distingue ningunha subespecie dentro desta especie.[1][3] S. victoriae foi historicamente considerada unha subespecie de S. himalayensis, pero despois foi separada como especie propia.[4]

  1. 1 2 Sitta himalayensis Jardine & Selby, 1835 da orde Passeriformes polo Congreso Ornitolóxico Internacional (en inglés).
  2. ↑ Rasmussen, P.C.; Anderton, J.C. (2005). Birds of South Asia. The Ripley Guide. Smithsonian Institution & Lynx Edicions.
  3. ↑ Peterson, Alan P. «Sitta himalayensis dos Passeriformes» (en inglés).
  4. ↑ Harrap 1996, p. 126

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]