Saltar ao contido

Comisión Interuniversitaria de Galicia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comisión Interuniversitaria de Galicia
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CiUG) é o órgano de goberno das tres universidades galegas.

Foi creada en 1991 tras a fundación da Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Vigo (UVigo) para coordinar a realización das probas de acceso á universidade, así como para facilitar información e orientación aos novos matriculados. Antes de 1991 esta función tíñaa a Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Ademais de ser un portal de preinscrición para as probas de acceso á Universidade, na súa páxina web hai acceso a exames de anos anteriores, información dos grupos de traballo e orientacións sobre as materias a examinar.

Ten a súa sede na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]