Sirikit
Sirikit | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | สิริกิติ์ กิติยากร e Sirikit Kitiyakara |
Nacemento | 12 de agosto de 1932 |
Lugar de nacemento | Bangkok |
Nacionalidade | Tailandia |
Relixión | Budismo e Theravada |
Alma máter | Rajini School e St. Francis Xavier Convent School |
Ocupación | Raíña |
Pai | Prince Nakkhatra Mangala Kitiyakara, 2nd Prince of Chanthaburi |
Nai | Bua Kitiyakara |
Cónxuxe | Bhumibol Adulyadej |
Fillos | Ubolratana Rajakanya, Maha Vajiralongkorn, Sirindhorn e Chulabhorn Walailak |
Irmáns | Busba Kitiyakara, Kalyanakit Kitiyakara e Adulakit Kitiyakara |
Coñecida por | Chao Chom Kwan e Thad Thoe |
Premios | Order of the Crown of the Realm, Orde da Estrela de Romanía, Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana, Grande Estrela da Condecoración por Servizos á República de Austria, Orde do Elefante, Gran Cruz Especial da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña, Order of the Royal House of Chakri, Order of the Nine Gems, Grand Cross of the Order of Chula Chom Klao, Grand Cordon of the Order of the White Elephant, Knight Grand Cordon of the Order of the Crown of Thailand, Order of the Direkgunabhorn, Ordem do Serafim, Order of Sikatuna, Order of the Queen of Sheba, Order of Brilliant Star, Family Order of Laila Utama, Bintang Mahaputera, Order of the Million Elephants and the White Parasol, Order of Brilliant Star, Order of Ramkeerati, Freemen Safeguarding Medal, Border Service Medal, Orde Militar de Sant'Iago da Espada, Ordem de Santo Olavo, Grand Cordon of the Order of Leopold, Order of the Gold Lion of the House of Nassau, Knight Grand Cross in the Order of the Netherlands Lion, Orde da Preciosa Coroa, Order of Beneficence, Nepal Pratap Bhaskara, Royal Family Order of Selangor, Family Order of Terengganu, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica e Gran Cruz da Orden de Carlos lll |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Sirikit (tailandés: สิริกิติ์), nada Sirikit Kitiyakara en Bangkok o 12 de agosto de 1932, é a raíña nai de Tailandia. Foi raíña consorte de Bhumibol Adulyadej entre 1950 e 2016, e actuou como rexente do 22 de outubro ao 5 de novembro de 1956 e é a nai do rei Vajiralongkorn.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu co título de Mom Rajawongse, que indica parentesco coa familia real. Seu pai era Mom Chao Nakkhatra Mangala, fillo do príncipe Kitiyakara Voralaksana e súa nai Mom Luang Bua Kitiyakara. Pasou os seus primeiros meses de vida cos seus avós maternos. Seu pai estaba destinado como secretario na embaixada de Siam nos Estados Unidos e súa nai foi co seu marido tres meses despois de ter a Sirikit. Seus pais volveron ao país cando ela tiña dous anos e medio e a familia estableceuse no palacio Deves e alí viviu cos seus irmáns Kalyanakit (1929-1987), Adulakit (1930-2004) e Busba (1934- ). Comezou a estudar na na escola feminina Rajini, frecuentada por membros da familia real e da nobreza, pero tras o inicio da segunda guerra mundial e os bombardeos sobre Bangkok, a familia decidiu cambiala ao colexio do convento de San Francisco Xavier, próximo ao palacio.
En 1946 seu pai converteuse no embaixador no Reino Unido e a familia trasladouse a Londres e nos anos seguintes foi embaixador en Dinamarca e Francia. Nesa época ela estaba a adquirir os coñecementos para se converter en concertista de piano e seu primo, o rei Bhumibol Adulyadej estaba a estudar en Suíza e facía frecuentes visitas a París e nunha desas visitas coñecéronse, ela tiña entón 15 anos. A mediados de 1948 Sirikit marchou a Londres ao volver seu pai a exercer as súas funcións diplomáticas na capital británica mais o 4 de outubro de 1948 o rei sufriu un accidente de tránsito en Suíza e ela voou a Lausana para visitalo no hospital e logo de sucesivos encontros a relación fortaleceuse[1]. A parella prometeuse o 19 de xullo de 1949 e a voda celebrouse o 28 de abril de 1950, unha semana antes da coroación do rei, no palacio Sa Pathum presidida pola raíña Savang Vadhana. Sirikit recibiu a Orde da Real Casa de Chakri e converteuse en raíña e logo da coroación que se celebrou o 5 de maio de 1950 a parella volveu a Suíza para continuar cos seus estudos para regresar en 1952 a Bangkok xa coa primoxénita, Ubol Ratana que nacera o ano anterior en Lausana. O herdeiro naceu xa en Tailandia en xullo de 1952 e a princesa Sirindhorn en 1955.
Cando en 1956 o rei entrou como monxe nun mosteiro budista[2], seguindo a tradición en Tailandia que indica que os homes han seguir a vida monástica durante algún período das súas vidas, a raíña xurou como rexente o 22 de outubro e exerceu como tal ata o 5 de novembro dese ano. Foi a segunda raíña en servir oficialmente como rexente, a primeira fora a raíña Saovabha Phongsri en 1897. En 1957 naceu o seu último fillo, a princesa Chulabhorn. Entre 1959 e 1967 realizou múlitples viaxes internacionais, co seu esposo, para promocionar o seu país que recibiron ampla cobertura da prensa que a considerou unha das mulleres máis belas e elegantes do planeta[3].
Non realiza comparencencias públicas dende 2012 cando lle diagnosticaron cardiopatía isquémica pola que permaneceu hospitalizada ata 2016[4]. Ao longo do seu reinado ocupouse de numerosas funcións caritativas, como a presidencia da Cruz Vermella tailandesa dende 1956, e conta con diversas condecoracións nacionais e internacionais. A súa data de nacemento, o 12 de agosto, celébrase como festa nacional en Tailandia e tamén se converteu no Día da Nai[5].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Handley, Paul M. (2006). The King Never Smiles: A Biography of Thailand's Bhumibol Adulyadej. Yale University Press. p. 104.
- ↑ Guida M. Jackson (1999). Women Rulers Throughout the Ages: An Illustrated Guide. ABC CLIO. p. 364.
- ↑ "La fascinante historia de Sirikit, madre del polémico rey de Tailandia: La reina más bella delmundo que vestía de Alta Costura". Vanity Fair. 14 de abril de 2020.
- ↑ "La reina Sirikit de Tailandia, hospitalizada por una gripe". ABC. 21 de agosto de 2018.
- ↑ Gerald W. Fry, Gayla S. Nieminen, Harold E. Smith (2013). Historial Dictionary of Thailand. Scarecrow Press. p. 327.