Sinfonía nº 7 (Mahler)
Aparencia
Sinfonía nº 7 |
---|
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A Sinfonía nº 7 en mi menor de Gustav Mahler é unha obra musical composta polo compositor bohemio-austríaco entre os anos 1904 e 1905.
Estrea
[editar | editar a fonte]A estrea desta obra data do 19 de setembro do 1908 en Praga, baixo a dirección do propio autor. A audición da obra provocou bastante indiferenza e case incomprensión. Posteriormente estreouse en Múnic e Ámsterdam, sempre sen un éxito claro. Co paso do tempo, foi promovida e divulgada por mestres coma Bruno Walter, Rafael Kubelík, Otto Klemperer e Georg Solti.
Estrutura e temática
[editar | editar a fonte]En xeral esta sinfonía ten unha atmosfera romántica. Salientar que é a única sinfonía de Mahler que conta con "nocturnos" Esta sinfonía estrutúrase en cinco movementos:
- Langsam (adagio).
- Nachtmusik I (allegro moderato).
- Fleissend, aber nicht schnell (allegro ma non tropo). Schattenhaft (sombrío).
- Nachtmusik II (andante amoroso).
- Rondó (allegro ordinario. Allegro moderato ma energico).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sinfonía nº 7 |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Libreto Sinfonía Nº7 Gustav Mahler. Maestros de la Música, Planeta-Agostini 1989 (en castelán)