Sia
Sia | |
---|---|
![]() Sia nun concerto en Seattle, 2011. | |
Nome completo | Sia Kate Isobelle Furler |
Alias | Sia |
Data nacemento | 18 de decembro de 1975 (47 anos) |
Nado en | Adelaida |
Ocupación | Cantante e produtora musical |
Xénero | Rock alternativo, trip hop, downtempo, electropop, música electrónica e acid jazz |
Instrumento(s) | Voz |
Selo(s) discográfico(s) | RCA Records, Dance Pool, Go! Beat Records, Hear Music e Astralwerks |
Relacionado con | Zero 7, David Guetta e Christina Aguilera |
Tempo en activo | 1993- actualidade |
Pseudónimo | Sia |
Na rede | |
siamusic.net | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() |
Sia Kate Isobelle Furler, nada o 18 de decembro de 1975 en Adelaida, máis coñecida como Sia, é unha cantante e produtora musical australiana.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
No ano 2000, o seu sinxelo "Taken for Granted" estivo no top 10 do Reino Unido. O seu álbum musical Some People Have Real Problems estivo entre os 50 máis vendidos nos Estados Unidos segundo a listaxe de Billboard 200. No ano 2005, a súa canción "Breathe Me" apareceu na escena final da serie "Six Feet Under". Nos Premios musicais ARIA de 2009, Sia gañou o premio para o mellor DVD musical. Na edición de 2010 acadou seis nomeamentos e gañou o premio ao mellor lanzamento musical por We Are Born e ao mellor vídeo musical para a canción "Clap Your Hands". Colaborou con David Guetta na canción "Titanium" e na produción do sinxelo "She Wolf (Falling to Pieces)" e "Wild Ones" co rapeiro Flo Rida. As tres cancións acadaron grande éxito internacional.[Cómpre referencia]
No 2014, o seu sinxelo "Chandelier" chegou a posicionarse na oitava posición no Billboard Hot 100 e recibiu catro nomeamentos aos Premios Grammy.
Discografía[editar | editar a fonte]
Álbums musicais[editar | editar a fonte]
- OnlySee (1997)
- Healing Is Difficult (2001)
- Colour the Small One (2004)
- Some People Have Real Problems (2008)
- We Are Born (2010)
- 1000 Forms of Fear (2014)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sia ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial
- Sia na IMDb (en inglés).