Cody Cameron
(2013) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de outubro de 1970 Condado de Orange |
| Educación | Instituto das Artes de California Orange Coast College (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Dirección de cine e dobraxe |
| Ocupación | guionista, animador, actor de televisión, actor de cinema, produtor de cinema, director de cinema, actor de dobraxe, realizador |
| Período de actividade | década de 1990 |
Cody Cameron, nado en California o 12 de outubro de 1970, é un actor de voz, director e artista gráfico estadounidense. É coñecido por dirixir Cloudy with a Chance of Meatballs 2. Puxo a voz de numerosos personaxes animados, incluíndo Pinocchio e Three Little Pigs na serie de filmes Shrek, e Mr. Weenie na franquía de Open Season.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cameron comezou a súa carreira en DreamWorks Animation escribindo diálogos e debuxando storyboards para a franquía Shrek, Shark Tale e Madagascar.
En 2004, Cameron deixou DreamWorks para unirse a Sony Pictures Animation. Alí traballou como artista de Surf's Up e escribiu e dirixiu a curtametraxe The ChubbChubbs Save Xmas, unha secuela de The ChubbChubbs!. Cameron tamén puxo a voz de Mr. Weenie na serie de filmes de Open Season e dirixiu Open Season 3. En 2013, dirixiu xunto con Kris Pearn a súa primeira longametraxe, Cloudy with a Chance of Meatballs 2.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Abrams, Rachel (13 de decembro de 2011). "Helmers set for 'Cloudy 2' toon". Variety. Consultado o 13 de decembro de 2011.