Shigeru Kayano
Nome orixinal | (ja) 萱野茂 ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 15 de xuño de 1926 ![]() Nibutani, Xapón (en) ![]() ![]() |
Morte | 6 de maio de 2006 ![]() Higashi-ku, Xapón (pt) ![]() ![]() |
Causa da morte | pneumonía ![]() |
![]() | |
1994 – 1998 | |
Local assemblyperson of Japan (en) ![]() | |
1975 – ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio do Xapón (–1947) Xapón ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Empregador | Universidade de Hokkaido (pt) ![]() Câmara dos Conselheiros (pt) ![]() Kayano Shigeru Nibutani Ainu Museum (en) ![]() ![]() |
Partido político | Partido Social Democrata (pt) ![]() Partido Democrático do Japão (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua ainu e lingua xaponesa ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Shirō Kayano (en) ![]() ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() |
Shigeru Kayano (萱野 茂 Kayano Shigeru?), naceu o 15 de xuño de 1926 e faleceu o 6 de marzo de 2006 nun hospital en Hokkaido na cidade de Sapporo. Shigeru Kayano foi un dos derradeiros falantes nativos da lingua ainu e a figura principal no movemento étnico dos ainus no Xapón. É considerado como unha das voces máis importantes a prol da defensa da cultura ainus, a súa lingua e costumes, buscando os dereitos políticos, culturais e humanos para os ainu. Shigeru Kayano definía Hokkaido cunha única frase: - "Hokkaido, Ainu no kuni desu" (Hokkaido, o país do pobo Ainu).
Política
[editar | editar a fonte]Foi o primeiro político do pobo ainu na Kokkai (cámara alta xaponesa), polo Partido Social Democrático entre 1994 e 1998.
Como escritor
[editar | editar a fonte]Foi o autor de máis de 25 libros sobre o pobo ainu, cos que non só tentou divulgar a súa cultura, senón tamén reivindicar os dereitos culturais, sociais e a liberación psicolóxica de moitos descendentes dos ainus.
Algúns dos seus libros traducidos en lingua inglesa son:
- Our Land Was a Forest - (Traducido por Paperback - 1994)
- The Ainu - (Traducido por Hardcover - 2004)
- The Ainu And the Fox - (Traducido por Hardcover - 2006)
- Ainu no mingu - (Traducido por Hardcover - 1984)
- Kayano Shigeru no Ainugo jiten - 1996
- Tsuma wa karimono - 1994
Homenaxes
[editar | editar a fonte]O Museo Ainu foi fundado e adicado ó seu nome como homenaxe á súa dedicación ó pobo ainu. O museo constitúe un referente da cultura, costumes e historia dos ainus.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Museu Ainu (en xaponés)