Shigella sonnei
Shigella sonnei | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Colonias de Shigella sonnei despois do seu cultivo durante 48 horas en ágar entérico Hektoen (HEK). | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Bacterium sonnei Levine 1920 |
Shigella sonnei é unha especie de bacteria gramnegativa do xénero Shigella.[2] Xunto con Shigella flexneri, é responsable do 90% dos casos de shigelose.[3][4] Shigella sonnei recibe o seu nome en honra do bacteriólogo danés Carl Olaf Sonne.[5][6] É unha bacteria gramnegativa, con forma de bacilo, non móbil, e non formadora de esporas.[7]
Fisiopatoloxía
[editar | editar a fonte]Esta especie polimeriza a actina da célula hóspede.
Evolución
[editar | editar a fonte]Esta especie é clonal e está espallada por todo o mundo. Unha análise de 132 cepas mostrou que se orixinaron dun antepasado común en Europa arredor do ano 1500 d.C.[8]
Causas
[editar | editar a fonte]As bacterias do xénero Shigella do "grupo D" causan shigelose. As persoas que se infectan con estas bacterias libérana nas súas feces, causando así a posibilidade de que se espalle pola auga ou por contacto directo cunha persoa por vía oral. As condicións hixiénico-sanitarias malas ou a comida ou auga contaminada contribúen a contraer esta doenza.[9]
Persoas en risco
[editar | editar a fonte]Os meniños e nenos, anciáns, viaxeiros e persoas enfermas son susceptibles de sufrir os síntomas máis graves da enfermidade causada por S. sonnei. A shigelose padécena comunmente individuos con síndrome de inmunodeficiencia adquirida (SIDA) e complexos relacionados coa SIDA, así como homes homosexuais sen SIDA. A shigelose pode transmitirse tamén por persoas con SIDA que contraeron previamente unha shigelose grave e prolongada, incluíndo os que teñen a infección espallada polo torrente circulatorio, o cal pode ser mortal.[10][11]
Síntomas
[editar | editar a fonte]As infeccións oden orixinar febre aguda, dores abdominais agudos, dores rectais, náusea, diarrea acuosa ou feces con sangue, moco ou pus, que poden aparecer nun período de 1 a 7 días despois de estar en contacto coas bacterias.[9] A maioría das infeccións por Shigella adoitan desaparecer sen complicacións, pero se se deixa sen tratar ou se atrasa a diagnose pode orixinar algunhas complicacións graves como deshidración (algunhas poden orixinar un shock e a morte), convulsións, síndrome hemolítico-urémico, megacolon tóxico e artrite reactiva.[12] As persoas con diarrea adoitan recuperarse completamente, aínda que poden pasar varios meses ata que os seus hábitos intestinais sexan totalmente normais. Unha vez que se tivo shigelose, xa non é probable infectarse de novo co mesmo tipo de microbio polo menos durante varios anos. Porén, poden infectarse con outros tipos de Shigella.[13]
Posibles complicacións
[editar | editar a fonte]- Deshidración
- As convulsións aparecen máis a miúdo en nenos, aínda que non se coñece como a Shigella causa estas complicacións.
- As infeccións no sangue poden orixinarse nas infeccións por Shigella, que dana os intestinos, o que permite que este e outros xermes viaxen polo torrente circulatorio.
- O prolapso rectal pode darse pola tensión durante os movementos intestinais.
- O megacolon tóxico paraliza os movementos intestinais ou causa o paso de gas.
- Artrite reactiva, que é a inflamación das articulacións[14]
- A síndrome hemolítica-urémica é unha complicación que aparece cando as bacterias entran no sistema dixestivo e produce toxinas para destruír as células sanguíneas que poden causar como síntoma diarrea sanguinolenta.
Prevención
[editar | editar a fonte]Non se dispón de vacinas contra a Shigella. A mellor prevención contra a shigelose é o lavado de mans coidadoso e frecuente con xabón e auga antes e despois de usar o váter e antes de maniplar alimentos; ademais, é importante aterse estritamente ás precaucións de seguridade estándar coa comida e auga. Evitar ter relacións sexuais con persoas con diarrea ou que se acaban de recuperar dunha diarrea. Tamén é importante evitar beber ou tragar auga de lagoas, lagos ou piscinas non tratadas.[15][16]
Tratamento
[editar | editar a fonte]Informouse de resistencia a antibióticos nesta bacteria.[17]
Cultivo no laboratorio
[editar | editar a fonte]Pode cultivarse en ágar MacConkey e TSA, a 37 °C como temperatura óptima, pero tamén pode crecer a 25 °C. É un organismo anaerobio facultativo e quimioorganótrofo e produce ácido cando cataboliza carbohidratos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Parte, A.C. "Shigella". LPSN.
- ↑ Shigella sonnei Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
- ↑ Diccionario Galego de Termos Médicos. Páxina 702 - shigelose.
- ↑ EMedicine - article 182767 Shigellosis|clinical
- ↑ WhoNamedIt - 3001 - Carl Olaf Sonne
- ↑ WhoNamedIt - 3637 - Shigella sonnei
- ↑ "Shigella sonnei". Microbewiki. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2015. Consultado o 28 de xaneiro de 2022.
- ↑ Holt, Kathryn E; Baker, Stephen; Weill, François-Xavier; Holmes, Edward C; Kitchen, Andrew; Yu, Jun; Sangal, Vartul; Brown, Derek J; Coia, John E; Kim, Dong Wook; Choi, Seon Young; Kim, Su Hee; da Silveira, Wanderley D; Pickard, Derek J; Farrar, Jeremy J; Parkhill, Julian; Dougan, Gordon; Thomson, Nicholas R (2012). "Shigella sonnei genome sequencing and phylogenetic analysis indicate recent global dissemination from Europe". Nature Genetics 44 (9): 1056–9. PMC 3442231. PMID 22863732. doi:10.1038/ng.2369.
- ↑ 9,0 9,1 MedlinePlus Encyclopedia Shigellosis
- ↑ Bad Bug Book 2d ed. – BBB – Shigella spp., Foodborne Pathogenic Microorganisms and Natural Toxins Handbook, FDA.
- ↑ "General Information | Shigella – Shigellosis | CDC". www.cdc.gov. 2017-10-12.
- ↑ Mayo Clinic Staff. "Shigella Infection". Shigella Infection Complications. Mayo Foundation for Medical Education and Research, 24 de agosto de 2012. Consultado o 13 de maio de 2015.
- ↑ CDC Staff"[1]"
- ↑ Mayo Clinic Staff. "Shigella Infection". Shigella Infection Complications. Mayo Foundation for Medical Education and Research, 24 de agosto de 2012. Consultado o 13 de maio de 2015.
- ↑ "General Information Shigella – Shigellosis CDC". Cdc.gov. Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ "Shigellosis – Chapter 3 – 2016 Yellow Book Travelers' Health CDC". Cdc.gov. Consultado o 18 de abril de 2016.
- ↑ Jain, Sanjay K.; Gupta, Amita; Glanz, Brian; Dick, James; Siberry, George K. (2005). "Antimicrobial-Resistant Shigella sonnei". The Pediatric Infectious Disease Journal 24 (6): 494–7. PMID 15933557. doi:10.1097/01.inf.0000164707.13624.a7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Shigella sonnei Arquivado 28 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. at MicrobeWiki Arquivado 06 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.
- Shigella sonnei no NCBI Taxonomy Browser
- Type strain of Shigella sonnei en BacDive – the Bacterial Diversity Metadatabase