Shavo Odadjian
(2012) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (hy) Շավարշ Օդաջյան 22 de abril de 1974 Iereván |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Música |
| Ocupación | baixista, compositor, disc-jóckey, guitarrista, músico, activista polos dereitos humanos |
| Período de actividade | 1992 |
| Empregador | System of a Down Achozen (pt) |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Música rock, heavy metal, metal alternativo e música hip hop |
| Instrumento | Baixo |
Shavarsh "Shavo" Odadjian (en armenio: Շավարշ Օդաջյան), coñecido como Shavo Odadjian, nado en Iereván (Armenia) o 22 de abril de 1974, é un baixista estadounidense, que toca na banda de metal alternativo System of a Down.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Odadjian mudouse xa de novo aos Ánxeles (California), onde foi criado en gran parte pola súa avoa. Logo da morte desta, perdeu a fe e deixou de rezar todas as noites como facía antes. Estudou no Alex Pilibos & High School dos Ánxeles, unha escola Armenia na que tamén estudaron os seus futuros compañeiros Serj Tankian e Daron Malakian, aínda que en diferentes graos pola diferenza de idades.
Medrou facendo skateboarding e baixo a influencia de bandas de punk rock e heavy metal como The Punk Angle, Dead Kennedys, KISS, e Black Sabbath, entre outras; creando unha grande influencia no seu desenvolvemento musical do futuro.
Á parte de traballar nun banco, tamén comezou a manexar a banda Soil, na que estaban Malakian e Tankian en 1993, logo de coñecelos nun estudo de gravación, onde o estaba gravando coa súa banda de entón. En 1995, Shavo convértese no baixista permanente da banda, á que chamaron System of a down.
Ademais, Odadjian é un DJ popular na área dos Ánxeles baixo o pseudónimo de DJ Tactic. Declarándose a si mesmo como "unha persoa moi visual", tamén dirixiu vídeos musicais para System of a down ("Aerials", "Toxicity" e "Question!"), e Taproot, creando atmosferas surreales e usando inovadores métodos de filmación.
Shavo fixo unha pequena aparición no filme do 2001, Zoolander, como un dos amigos de Hansel. O seu actor favorito é Christopher Walken e tamén declara estar fascinado co ocultismo, principalmente en forma de películas.
Shavo era orixinalmente un guitarrista, e admite ser mellor na guitarra que no baixo. De feito, foi o guitarrista de Soil por un pequeno período. Usualmente toca o baixo cunha puga, pero pode vérselle de cando en vez empregando os seus dedos.
| A Galipedia ten un portal sobre: Armenia |
