Daron Malakian
Daron Malakian | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 18 de xuño de 1975 (45 anos) |
Orixe | Os Ánxeles (California) ![]() |
Ocupación | guitarrista, cantante, músico, compositor, multi-instrumentista e compositor de cancións |
Instrumento(s) | guitarra, voz |
Relacionado con | System of a Down |
[ editar datos en Wikidata ] |
Daron Vartan Malakian (en armenio: Տարոն Մալաքյան), nado nos Ánxeles (California) o 18 de xuño de 1975, é un músico estadounidense, guitarrista e segunda voz da banda System of a Down, na que compón a maioría das cancións.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Malakian, de ascendencia armenia, foi á escola Rose & Alex Pilibos en Hollywood, onde coñeceu a Serj Tankian e Shavo Odadjian (baixista da banda). Foi tamén á Roosevelt Middle School e á Glendale High School (Glendale).
Co-produce os álbums de System of a Down con Rick Rubin e á vez producen The Ambulance And Band Ácid Trip (unha banda baixo o selo de Serj Tankian, Serjical Strike Records). Nunca lle gustou falar da súa vida privada.
Malakian é quen compón melodicamente case todas as cancións do grupo, a letra adóitaa escribir o vocalista, Serj Tankian. O pai de Daron, Vartan Malakian, fai todos os traballos artísticos do grupo, sobre todo nos dous últimos álbums, é dicir "Mezmerize" e "Hypnotize".
Vive en Glendale (California), non está casado e gústalle coleccionar artigos como esqueletos, velas e persianas. foi elixido como o cuarto mellor guitarrista do ano na Metal Edge Magazine.
Ten dous álbums extra sen a banda.
Utiliza unha guitarra Ibanez comunmente con traballos artísticos de Vartan Malakian, amplificador Marshal e cordas Ernie ball, aínda que se lle viu en concertos cunha Gibson SG.
Curiosidades[editar | editar a fonte]
![]() | As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- A súa guitarra favorita é unha Ibanez Iceman IC300, que el encomendou, mais tamén adora a súa 1966 Gibson ES-335;
- De neno acostumaba a ter soños nos que os seus pais tomaban té con Ozzy Osbourne;
- Identifícase con Charles Manson, Gandhi e Madonna;
- Gústanlle bandas como Motörhead, Iron Maiden, The Kinks e escoitaba Cannibal Corpse e Metallica cando era adolescente;
- Gustáballe o batería Keith Moon e quería ser batería, mais os seus pais non lle podían mercar unha batería, entón se divertía tocando Def Leppard en potes e tixolas, mentres aprendía a tocar a guitarra;
- Non lle gusta o Nu Metal, pero gústanlle algunhas cancións de P.O.D.;
- Di que o Rock o salvou de ser un idiota;
- Acostumaba tomar moitos calmantes, pero agora prefire meditar...;
- Os seus pais naceron en Armenia, e aínda vive na mesma casa dende os 11 anos de idade;
- Fixo un poema chamado Victms Of A Down, dando o nome á banda, en homenaxe ó xenocidio armenio;
- Gústalle o hóckey, tendo a súa propia camiseta, na que pon MALAKIAN #13, que pode ser vista no videoclip de "Toxicity";
- As súas dúas cancións favoritas son "Sailing" de Christopher Cross e "Sultans of swing" de Dire Straits;
- Os seus pais tamén son artistas;
- O seu instrumento favorito é a batería.