CD Maristas Palencia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quesos Cerrato Palencia
Pabellón Marta Domínguez.jpg
Información xeral
Liga España Liga LEB Ouro
Fundación 1979
Cores           Gris, púrpura
Presidente Gonzalo Ibáñez Gallego
Adestrador Natxo Lezcano
Localización
Cidade España Palencia
Pavillón Pabellón Marta Domínguez (3.500)
www.palenciabasket.com

O Club Deportivo Maristas Palencia, coñecido por motivos de patrocinio como Quesos Cerrato Palencia é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Palencia, Castela e León. Na tempada 2013-14 xoga na Liga LEB Ouro.

Historia[editar | editar a fonte]

O C.D. Maristas de baloncesto ten a súa orixe no Colexio Marista Castela, situado en Palencia. A sección de baloncesto foise potenciando nos anos 1980 coa colaboración de diversos patrocinadores, o que levou ao equipo a varios ascensos, culminados a tempada 2008-09 co ascenso a LEB Ouro, segunda máxima categoría do baloncesto español.

En decembro de 2009, o escolta estadounidense Michael Dickerson converteuse no primeiro xogador con experiencia na NBA en formar parte do persoal do club palentino.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]