Sergio Buenacasa
Nome orixinal | Sergio Buenacasa Alba | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 19 de abril de 1996 (28 anos) Zaragoza, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,82 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2015 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro centro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sergio Buenacasa Alba, nado en Zaragoza o 19 de abril de 1996, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Teruel, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse como futbolista nas canteiras do San Gregorio Arrabal, do Real Zaragoza, do FC Barcelona e da Juventus.[1] No verán de 2015, con 19 anos, volveu a Zaragoza para xogar no Deportivo Aragón.[2]
O 7 de decembro de 2015 debutou co primeiro equipo do Zaragoza na Segunda División, nun partido diante do Bilbao Athletic en San Mamés, ingresando ao campo nos instantes finais como substituto de Alfredo Ortuño.[3] No verán de 2017 deixou de novo Aragón e fichou polo Barakaldo, da Segunda División B, no que militou durante unha campaña, marcando 14 goles.
En xuño de 2018 fichou polo Mallorca, co que logrou o ascenso á Primeira División, aínda que contou con poucos minutos de xogo. Para a tempada 2019/20 foi cedido á Ponferradina.[4] No equipo berciano, dirixido por Bolo, xogou só 31 minutos en seis meses, polo que en xaneiro de 2020 o club cancelou a súa cesión e o xogador foi cedido até final de tempada ao Málaga.[5]
Na campaña 2020/21 militou no Hércules, de Segunda B, e durante as seguintes campañas vestiu as camisetas de varios equipos da Primeira División RFEF: Cultural Leonesa,[6] La Nucía,[7] Talavera de la Reina e Teruel.[8][9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Artús, José Luis (13 de novembro de 2012). "Sergio Buenacasa, un delantero para todo". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "El fichaje de Sergio Buenacasa, en peligro por ser profesional". El Periódico de Aragón (en castelán). 27 de agosto de 2015. Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ Gimeno, Javier (8 de diciembre de 2015). "Buenacasa debuta con el primer equipo". Vavel (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ Otero, Roberto (12 de xullo de 2019). "El Mallorca cede a Buenacasa y Russo a la Ponferradina". Marca (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "Sergio Buenacasa refuerza la delantera blanquiazul" (en castelán). 11 de xaneiro de 2020. Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "Sergio Buenacasa, nuevo jugador de la Cultural" (en castelán). 26 de xuño de 2021. Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "Sergio Buenacasa es el tercer fichaje del Club de Fútbol La Nucía" (en castelán). cflanucia.futbol. 29 de xuño de 2022. Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ "Sergio Buenacasa, nuevo fichaje del CF Talavera" (en castelán). lavozdeltajo.com. 19 de xaneiro de 2023. Consultado o 21 de outubro de 2023.
- ↑ Paesa, Diego Vicente (12 de xuño de 2023). "El Teruel ficha al delantero Sergio Buenacasa". Aragondigital.es (en castelán). Consultado o 21 de outubro de 2023.
- Nados en Zaragoza
- Nados en 1996
- Futbolistas de Aragón
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Real Zaragoza B
- Xogadores do Real Zaragoza
- Xogadores do Barakaldo CF
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores da SD Ponferradina
- Xogadores do Málaga CF
- Xogadores do Hércules CF
- Xogadores da Cultural Leonesa
- Xogadores do CF La Nucía
- Xogadores do CF Talavera de la Reina
- Xogadores do CD Teruel