Sergio Benito
Sergio Benito | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Sergio Benito Crujera | ||
Nacemento | 23 de marzo de 1999 | ||
Lugar de nacemento | Madrid | ||
Altura | 1,73 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Fuenlabrada | ||
Número | 20 | ||
Carreira xuvenil | |||
2005–2011 | Rayo Vallecano | ||
2011–2014 | Real Madrid | ||
2014–2017 | Rayo Vallecano | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2017–2020 | Rayo Vallecano B | 25 | (8) |
2018–2019 | → Barakaldo | 29 | (7) |
2019–2020 | → Cultural Leonesa | 23 | (4) |
2020–2022 | Valladolid B | 38 | (12) |
2020–2022 | Valladolid | 1 | (0) |
2021–2022 | → Badajoz | 16 | (1) |
2022–2023 | Córdoba | 10 | (1) |
2023 | Wisła Kraków | 10 | (0) |
2023– | Fuenlabrada | 10 | (2) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 1 de novembro de 2023. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Sergio Benito Crujera, nado en Madrid o 23 de marzo de 1999, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Formouse nas canteiras do Rayo Vallecano e do Real Madrid e debutou co Rayo Vallecano B na Terceira División durante a tempada 2017/18, nun partido ante o Trival Valderas.[1][2]
Para a tempada 2018/19 foi cedido ao Barakaldo da Segunda División B,[3] onde disputou 31 partidos, anotando 8 goles. Na seguinte campaña saíu cedido de novo, desta vez á Cultural Leonesa.[4] Coa Cultural disputou 27 partidos, anotando 7 goles, un deles o tanto da vitoria contra o Atlético de Madrid na Copa do Rei, que serviu para eliminar ao equipo de Simeone.[5] Disputou a promoción de ascenso a Segunda e acadou a final ante o Sabadell, onde errou o lanzamento decisivo na quenda de penaltis, que foi detido polo gardameta galego Ian Mackay.[6]
En outubro de 2020 asinou un contrato de tres anos co Real Valladolid, sendo destinado ao equipo filial de Segunda B.[7] O 15 de decembro de 2020 debutou co primeiro equipo nun partido da Copa do Rei e un mes despois disputou os seus primeiros minutos na Primeira División, substituíndo a Óscar Plano na segunda parte dun partido contra o Elche.[8] Na tempada 2021/22 xogou cedido no Badajoz da Primeira División RFEF.[9]
Tras pasar polo Córdoba, en xaneiro de 2023 marchou a Polonia, onde militou no Wisła Kraków, xunto aos tamén españois Ángel Rodado, Miki Villar, Tachi, David Juncà, Luis Fernández e Álex Mula.[10] Disputou 10 partidos de liga antes de rescindir o seu contrato o 15 de xuño. Dúas semanas despois asinou como novo xogador do Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.[11]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Conoce a… Mario Hernández y Sergio Benito" (en castelán). 20 de agosto de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ "Crónica: Trival Valderas 2-1 Rayo B" (en castelán). 27 de agosto de 2017. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ "El vallecano Sergio Benito se incorpora cedido al Barakaldo CF" (en castelán). 17 de agosto de 2018. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ Micó, Ana Beatriz (9 de agosto de 2019). "Sergio Benito se marcha cedido a la Cultural Leonesa". As (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ "El Atlético vuelve al pasado". Marca (en castelán). 23 de xaneiro de 2020. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ "'SuperMackay' prolonga el sueño del Sabadell hacia Segunda". As (en castelán). 24 de xullo de 2020. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ "Sergio Benito potencia la delantera del Promesas" (en castelán). 5 de outubro de 2020. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ "Joaquín salva in extremis al Valladolid y oscurece la actuación de Josan". Marca (en castelán). 19 de xaneiro de 2021. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ "Sergio Benito, al Badajoz" (en castelán). 25 de agosto de 2021. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ "En Cracovia, donde más españoles se ficha". As (en castelán). 7 de febreiro de 2023. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ "Sergio Benito es el primer fichaje del Fuenla para la temporada 2023-2024" (en castelán). 28 de xuño de 2023. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2023. Consultado o 1 de novembro de 2023.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).
- Nados en 1999
- Nados en Madrid
- Futbolistas da Comunidade de Madrid
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Rayo Vallecano B
- Xogadores do Barakaldo CF
- Xogadores da Cultural Leonesa
- Xogadores do Real Valladolid B
- Xogadores do Real Valladolid
- Xogadores do CD Badajoz
- Xogadores do Córdoba CF
- Xogadores do Wisła Kraków
- Xogadores do CF Fuenlabrada