Sergio Aguza
Nome orixinal | Sergio Aguza Santiago | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 2 de setembro de 1992 ![]() Sant Boi de Llobregat, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,80 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2011 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Sergio Aguza Santiago, nado en Sant Boi de Llobregat o 2 de setembro de 1992, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Lugo, da Primeira División RFEF.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Real Madrid
[editar | editar a fonte]Nacido en Sant Boi de Llobregat, formouse como futbolista nas canteiras do Gavà, o EF Gavà e o Cornellà, antes de ingresar aos 16 anos no equipo xuvenil do Real Madrid. Na tempada 2011/12 debutou co Real Madrid C na Tercera División. No verán de 2013 subiu ao Castilla, da Segunda División,[1] categoría na que debutou nun partido ante o Mirandés.[2] Marcou o seu primeiro gol co filial o 15 de febreiro do ano seguinte, facendo o segundo tanto do seu equipo nun triunfo na casa por 3-1 ante o Barcelona B.[3]
Milton Keynes Dons
[editar | editar a fonte]En xullo de 2015 asinou polo Milton Keynes Dons da Football League Championship, cun contrato de dous anos.[4] Debutou o 11 de agosto de 2015, na vitoria por 2-1 sobre o Leyton Orient, na EFL Cup.[5] Con todo, apenas dispuxo de minutos no equipo de Buckinghamshire e en xaneiro de 2016 o club anunciou a rescisión do seu contrato.[6]
Ponferradina
[editar | editar a fonte]A continuación regresou a España, onde fichou pola Ponferradina. Marcou o seu primeiro gol co club berciano o 20 de marzo, na vitoria por 2-1 ante o Huesca, e anotou tamén os goles da vitoria contra o Lugo e o Albacete. Con todo, foi insuficiente para salvar o equipo do descenso.
Alcorcón e Córdoba
[editar | editar a fonte]Tralo descenso da Ponferrdina fichou polo Alcorcón, continuando así na Segunda División.[7] Non chegou a rematar a tempada no club madrileño,[8] pois no mercado invernal pasou ao Córdoba, no que militou durante a seguinte campaña e media.[9]
Almería
[editar | editar a fonte]En xullo de 2018 asinou un contrato de dous anos coa UD Almería, tamén na categoría de prata.[10] Disputou 43 partidos co club andaluz durante as seguintes dúas campañas, marcando cinco goles, e en marzo de 2020 o club renovou o seu contrato ata 2023.[11] Na tempada 2020/21 xogou cedido en dous equipos: primeiro no FC Cartagena e logo na Ponferradina, sendo esta a súa segunda etapa no club.[12]
Despois de seis anos en Segunda, no verán de 2021 baixou unha categoría para xogar co Sabadell en Primeira División RFEF, pasando logo polo Murcia e o Lugo, da mesma división.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El Castilla, como un equipo de fútbol sala". Marca (en castelán). 11 de xullo de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ "El Mirandés se pone líder a costa de un filial que sigue sin puntuar". Marca (en castelán). 8 de setembro de 2013. Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ "La intensidad del Castilla desmonta el orden del Barça B". Marca (en castelán). 15 de febreiro de 2014. Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ "Sergio Aguza: MK Dons sign Real Madrid Castilla captain". BBC (en inglés). 31 de xullo de 2015. Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ "MK Dons scored two late goals to complete a remarkable late comeback and defeat League Two Leyton Orient in the first round of the League Cup.". BBC (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ "Aguza departs" (en inglés). 16 de xaneiro de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ "Sergio Aguza, fichado" (en castelán). 7 de xullo de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ "Sergio Aguza rescinde su contrato con la A.D. Alcorcón" (en castelán). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ "Sergio Aguza Santiago, es nuevo jugador blanquiverde" (en castelán). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ "Sergio Aguza, un centrocampista de calidad y ofensivo para el Almería" (en castelán). 14 de xullo de 2018. Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ "Sergio Aguza is to continue wearing the red and white shirt until June 2023" (en castelán). 12 de marzo de 2020. Consultado o 17 de outubro de 2023.
- ↑ "Sergio Aguza jugará lo que resta de Liga en la Ponferradina" (en castelán). 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de outubro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán)
- Nados en Sant Boi de Llobregat
- Nados en 1992
- Futbolistas de Cataluña
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Real Madrid C
- Xogadores do Real Madrid Castilla
- Xogadores da SD Ponferradina
- Xogadores da AD Alcorcón
- Xogadores do Córdoba CF
- Xogadores da UD Almería
- Xogadores do FC Cartagena
- Xogadores do CE Sabadell
- Xogadores do Real Murcia
- Xogadores do CD Lugo