Sergei Makarov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSergei Makarov

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xuño de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Cheliabinsk, Rusia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRusia
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónUral State University of Physical Culture (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura181 cm Editar o valor em Wikidata
Peso185 lb Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de hóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaUnión Soviética
Rusia Editar o valor em Wikidata
Deportehóckey sobre xeo Editar o valor em Wikidata
LigaNational Hockey League Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoWinger (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Mano para tirarleft-handed shot (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Convocado porCalgary Flames, 231º (1983) Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- San Jose Sharks
- HC Fribourg-Gottéron
- Calgary Flames
- Dallas Stars
- Traktor Chelyabinsk Editar o valor em Wikidata
Participou en
febreiro de 1988Xogos Olímpicos de Inverno de 1988
1984Xogos Olímpicos de Inverno de 1984
febreiro de 1980Xogos Olímpicos de Inverno de 1980 Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Olympic.org: sergei-makarov Editar o valor em Wikidata

Sergei Mikhailovich Makarov (en ruso: Серге́й Михайлович Макаров), nado en Cheliabinsk o 19 de xuño de 1958, é un xogador de hóckey sobre xeo ruso, dúas veces campión olímpico, que xogaba como winger dereito. Foi votado como un dos seis xogadores do equipo do centenario pola International Ice Hockey Federation (IIHF) nunha enquisa dirixida a un grupo de 56 expertos de dezaseis países.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Makarov foi adestrado totalmente na Unión Soviética. Gañou dous campionatos do mundo júnior, e na segunda vitoria (1978) foi nomeado mellor xogador. Makarov tamén gañou o ouro nos campionatos do mundo de 1978, 1979, 1981, 1982, 1983, 1986, 1989 e 1990 e na Copa Canadá de 1981. Nos Xogos Olímpicos de Inverno, gañou a medalla de ouro en 1984 e 1988 e a de prata en 1980 como membro do equipo soviético. Na Unión Soviética xogou once temporadas co CSKA Moscova (Exército Vermello), gañando o premio ao xogador soviético do ano en tres ocasións, sendo nomeado membro do equipo das estrelas en dez ocasións e liderando a liga nove veces en puntos e tres en goles.[2][3] Xunto con Igor Larionov e Vladimir Krutov, formou a liña KLM, unha das liñas de máis talento e máis temidas na historia do hóckey. Recibiu a Orde da Bandeira Vermella do Traballo en 1984.[4]

En 1989, Markarov recibiu o permiso por parte da Unión Soviética para unirse á National Hockey League cos Calgary Flames. Gañou o Calder Memorial Trophy como novato do ano con 31 anos.[5] A súa porcentaxe de tiro de 25.9 foi a maior de todos os xogadores da NHL. Makarov tamén xogou cos San Jose Sharks entre 1993 e 1995. Na temporada 1995-96 saíu do cadro dos Shark e non xogou, converténdose en axudante do adestrador da selección rusa durante a copa do mundo.

Na temporada 1996–97, Makarov fixo dous intentos de regreso, primeiro cos Dallas Stars, para os que xogou catro partidos entre o 15 e o 29 de novembro, ao que seguiu a participación no HC Fribourg-Gottéron na Nationalliga A suíza cos seus antigos compañeiros Vyacheslav Bykov e Andrei Khomutov.

En 2001 Makarov foi incluído no IIHF Hall of Fame durante o Ice Hockey World Championship de Alemaña. O 27 de xuño de 2016, anunciouse que sería incluído no Hockey Hall of Fame o 14 de novembro de 2016, xunto con Eric Lindros, Rogie Vachon e Pat Quinn (posthumously).[6]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Despois de separarse da súa primeira esposa Vera en Calgary, coñeceu a Mary, que traballara vendendo entradas para os San Jose Sharks. Casaron e tiveron dous fillos, Nikolai e Katerina. Makarov divorciouse posteriormente e marchou vivir a Rusia. A súa ex esposa e fillos viven en California.

Makarov traballa como axente certificado de xogadores con xogadores rusos que queren xogar en Norteamérica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. IIHF Centennial All-Star Team
  2. Chidlovski
  3. Passion Hockey
  4. Panorama of the 1984 Sports Year (en ruso). Moscova: Fizkultura i sport. 1985. p. 37. 
  5. Debido a este feito cambiáronse as regras para que só puidesen optar ao premio os xogadores con menos de vinte e seis anos, o que se chamou a regra Makarov.
  6. "Hockey Hall of Fame Announces 2016 Inductees". The Hockey Hall of Fame. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]