Semuncia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Moeda romana dunha semuncia, ca.215-211 a. de C. Anverso: cabeza de Mercurio con pétaso alado, ollando á dereita. Reverso: proa de barco, con ROMA enriba. Peso: 5,1 g. Diámetro: 20 mm.

Semuncia de Roma ca. 217-215 a. de C. Anverso: cabeza feminina torreada e drapeada. Reverso: xinete con látego, coa lenda ROMA embaixo. Diámetro: 20 mm. Peso: 6,08 g.

A semuncia (voz latina; en galego: "media onza") foi unha moeda da Antiga Roma de bronce co valor da cuarta parte dunha onza romana ou uncia, ou da vinte e catroava parte dun ás, emitida na época da República.[1][2][3]

Previamente á súa amoedación, era tamén unha unidade ponderal, coa mesma equivalencia respecto da uncia e da libra como unidades de peso.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

A existencia desta moeda correspóndese coa segunda parte do século III a. de C., cos primeiros momentos das emisións republicanas de moedas de bronce fundidas, de cuxas series era o valor máis baixo (coa excepción da quartuncia -1/4 de uncia-, que non tivo un carácter regular dentro do sistema monetario).[5][6]

Di Varrón acerca do seu valor:[7]

... semuncia, quod dimidia pars unciae ...)

Ocasionalmente aparece asociada ás marcas Σ ou S nos seus anversos, como indicativa do seu valor.[8]

Os tipos máis comúns dos seus anversos foron a cabeza de Mercurio ou a representación dunha landra; en tanto que na maioría dos seus reversos se amosa un caduceo ou a tradicional proa de barco baixo a lenda ROMA, característica das emisións romanas de bronce desta época.[9] Con todo, tampouco é infrecuente a aparición de motivos diversos.[10]

A semuncia déixase de emitir arredor do ano 210 a. de C., coincidindo coa aparición do denario. Ademais da propia cidade de Roma, foi tamén cuñada en diversas cidades da Península Itálica.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Semuncia". En Alfaro Asins, C. et al. (2009)
  2. "Semuncia". En Amandry (2001).
  3. "Semuncia". En Forum Ancient Coins.
  4. "Peza do mes". Abril de 2010. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. ISSN 1579-9956. Páxina 3: "No sistema ponderal romano, os referentes de peso básico eran a libra e os seus divisores: [...] semuncia, 1/24 [...]"
  5. Crawford, M. H. (1974). Páxina 6.
  6. "Semiuncia, semuncia". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
  7. Varrón. Lingua latina. 5, 171.
  8. "Semuncia". En Schulzki, Heinz-Joachim. Brill’s New Pauly.
  9. Sear, D. R. (2000). Páxinas 177-178, 188-189 e 257-258.
  10. Descrición e fotografías de semuncias. En Coinage of the Roman Republic Online. www.numismatics.org
  11. "The semuncia". En Roman bronze coins. www.monete-romanae.com

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]