Quartuncia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Quartuncia do obradoiro monetario de Cosa, en Etruria. Ca. 273-250 a. de C. Peso: 5,08 g.

A quartuncia (voz latina), tamén adaptado como cuartuncia, foi unha moeda da Antiga Roma de bronce, de tempos da República e propia da Península Itálica, co valor dun cuarto de onza romana ou uncia.[1][2][3]

Historia[editar | editar a fonte]

A quartuncia foi unha pequena moeda emitida con carácter moi ocasional entre os séculos III e II a. de C., tanto fundida como cuñada. De feito, foi o valor máis pequeno dos emitidos dentro do sistema semilibral (baseado nun ás cun peso de media libra).[4]

O seu valor era o da cuarta parte dunha onza romana ou uncia (de aí o seu nome) ou, o que é o mesmo, a corenta e oitoava parte dun ás, tamén de bronce.[5] O seu equivalente como unidade de masa, é dicir, o peso da cuarta parte dunha onza romana ou da corentaeoitoava parte dunha libra, denominábase sicilicus.[6]

Modelos[editar | editar a fonte]

Aos nosos días só chegaron uns poucos modelos de quartuncia:[7]

  • O máis común, datado arredor de 217 ou 215 a. de C. e emitido polo obradoiro monetario de Roma, amosa o motivo tradicional da moeda romana de bronce desta época, consistente na cabeza alegórica de Roma con casco ático no seu anverso e unha proa de barco baixo a palabra ROMA no seu reverso.
  • Un segundo modelo, moito menos común, coetáneo do anterior e procedente do obradoiro monetario de Bruttium (a actual Calabria), en Italia, presenta no seu anverso a cabeza dunha divindade ollando á esquerda, e no seu reverso a figura dun cangrexo baixo a lenda BPET.
  • Outros modelos coñecidos son o procedente de Brindisium (actual Brindisi), coa cabeza de Poseidón no anverso e o seu fillo Taras sobre un golfiño no reverso; o emitido en Coso, en Etruria, con deidade con casco corinto no anverso e busto de cabalo embridado no reverso; ou o do obradoiro monetario de Graxa, na Apulia, cunha cuncha de vieira no anverso e un golfiño como motivo central do reverso.[8][9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Quartuncia". En Amandry, M. (2001)
  2. "Quartuncia". En Alfaro Asins, C. et al. (2009).
  3. "Quartuncia". En Algunos tipos de monedas antiguas. www.tesorillo.com
  4. "Roman Republic, Anonymous Quartuncia". En MoneyMuseum.com
  5. "Quartuncia". En Das große Reppa Münzen-Lexikon.
  6. "Sicilicus". En Schulzki, Heinz-Joachim. "Sicilicus". En Brill’s New Pauly.
  7. "Quartuncia". Descricións e fotografías de cuartuncias en CoinArchives.
  8. Buttrey. "The mint of Cosa". En Memoirs of the American Academy in Rome, 34, 1980, Type I, 5-8.
  9. "Quartuncia". En Schulzki, Heinz-Joachim. "Sicilicus". En Brill’s New Pauly.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]