Semana Santa de Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Semana Santa de Lugo
Paso de la Virgen de la Esperanza de Lugo.jpg
Paso da Virxe da Esperanza de Lugo
Datos da festa
Nome oficialSemana Santa de Lugo
TipoRelixiosa
Celebrada por:Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo
LugarEspaña Lugo, España
ComezoVenres de Dores, (o venres previo ao Domingo de Ramos).
FinDomingo de Resurrección, (o domingo seguinte ao de Ramos).
DataVariable (determínase segundo o Computus).
Participantes
  • Confraría do Santo Cristo do Perdón e A Nosa Señora da Piedade
  • Confraría Infantil da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén
  • Confraría do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María Santísima
  • Confraría Sacramental da Santa Cea
  • Episcopal e Catedralicia Confraría do Bo Xesús
  • Insigne Confraría da Santísima Virxe da Esperanza
  • Orde Franciscana Segrar
SignificadoRepresentar e celebrar a Paixón, morte e Resurrección de Cristo
CostumesA fonte documental máis antiga data do 1698
Páxina websemanasantadelugo.com

A Semana Santa de Lugo é unha celebración católica que ten lugar na cidade española de Lugo (provincia de Lugo). É unha das celebracións relixiosas máis antigas de Galicia, que se realiza anualmente e de modo case ininterrompido desde a Idade Media.[1] Nesta conmemórase a paixón, morte e resurrección de Xesús de Nazaret a través dos diferentes actos, celebracións e procesións que realizan as confrarías.[2] Ademais do seu carácter relixioso, a Semana Santa lucense é tamén considerada como un acontecemento cultural, popular e de atracción turística.[3]

A Semana Santa de Lugo é un dos reclamos turísticos da localidade conseguindo ano a ano atraer a miles de visitantes que chegan chamados polo carácter único destas celebracións.[3] Esta Semana Santa destaca polo gran valor artístico da imaxinaría e ourivaría, ademais de ter un carácter xeralmente sobrio e austero, que fai que se asemelle máis á Semana Santa castelá, en comparación con exemplos quizais máis famosos, como a Semana Santa andaluza.[4]

Os actos centrais da Semana Santa lucense dan comezo o Venres de Dores e a súa celebración prolóngase durante máis dunha semana, finalizando o Domingo de Resurrección. Nela participan un total de sete Confrarías que compoñen a Xunta de Confrarías, encargada de coordinar os diferentes actos e desfiles procesionais que representan a Paixón de Cristo.

Confrarías da Semana Santa de Lugo[editar | editar a fonte]

Son un total de 7 as confrarías que procesionan durante a Semana Santa en Lugo:

  • Confraría do Santo Cristo do Perdón e A Nosa Señora da Piedade
  • Confraría Infantil da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén
  • Confraría do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María Santísima
  • Confraría Sacramental da Santa Cea
  • Episcopal e Catedralicia Confraría do Bo Xesús
  • Insigne Confraría da Santísima Virxe da Esperanza
  • Orde Franciscana Segrar

Procesións e outros actos[editar | editar a fonte]

Pregón da Semana Santa lucense[editar | editar a fonte]

O pregón da Semana Santa lucense, organizado pola Xunta de Confrarías, é o acto que dá inicio a todas as celebracións de Semana Santa. Foron pregoeiros da Semana Santa lucense figuras tan relevantes como Marta Rivera, monseñor Alfonso Carrasco Rouco, Manuel Sureda González, o almirante Santiago Bolívar Piñeiro ou Pilar Falcón Osorio.

Coresma[editar | editar a fonte]

Durante as semanas da Coresma, a Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo encárgase de organizar unha serie de concertos, charlas, e presentacións, para promocionar mediante actividades paralelas, a celebración da Semana Santa na cidade de Lugo.

Venres de Dores[editar | editar a fonte]

Vía Crucis

Ten lugar no denominado Venres de Dores. Está organizado pola Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo inaugurando deste xeito os actos procesionais da Semana Santa de Lugo.

Domingo de Ramos[editar | editar a fonte]

Procesión da Entrada triunfal de Xesús en Xerusalén
Paso da "Borriquita"

Bendición de Ramos e Procesión da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén, organizada pola Confraría Infantil da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén. Procesiona a imaxe de "A Borriquita". A partir das 11:30 horas, na praza de Santa María. O paso é acompañado por unha multitude de xente portando palmas e ramos para a súa bendición.

Procesión da Virxe das Dores

A procesión da Virxe das Dores, ten lugar o Domingo de Ramos pola tarde. A Confraría do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María Santísima encárgase de organizar esta procesión. Procesionan dúas imaxes, a «Vera Cruz» e «A Virxe das Dores».

Luns Santo[editar | editar a fonte]

Procesión da Virxe da Esperanza

Organizada pola insigne Confraría da Santísima Virxe da Esperanza. Saída ás 20,30 horas desde a Igrexa de Santiago "A Nova", porta de praza Angel Fernández López e escoltada polo Terzo Norte de Infantaría de Mariña, Cuartel de Instrución de Mariñeiría e Comandancia Militar de Mariña. 

Martes Santo[editar | editar a fonte]

Procesión do Bo Xesús e o Nazareno

Organizada pola Episcopal e Catedralicia Confraría do Bo Xesús e do Nazareno. Saída ás 20:30 horas desde a catedral de Santa María, praza Pío XII e escoltada pola BRILAT "Galicia" VII.

Mércores Santo[editar | editar a fonte]

Procesión do Santo Cristo do Perdón e A Nosa Señora da Piedade e Vía Crucis Penitencial

Organizada pola Confraría do Santo Cristo do Perdón e A Nosa Señora da Piedade. Saída ás 20:30 horas desde a catedral de Santa María, praza Pío XII. Vía Crucis ao seu paso por rúa da Raíña e escoltada pola Garda Civil.

Xoves Santo[editar | editar a fonte]

Procesión da Última Cea

Organizada pola Confraría Sacramental da Santa Cea. Saída ás 19:30 horas desde a catedral de Santa María, Praza Pío XII.

Venres Santo[editar | editar a fonte]

Na tarde do Venres Santo, ten lugar a procesión do Santo Enterro. Organízaa a Orde Franciscana Segrar e a Confraría do Desencravo e Maiores Dores de María Santísima. É a procesión máis antiga de Lugo.

Momento do Acto do Desencravo

Acto do Desencravo do Señor[editar | editar a fonte]

...é o Desencravo, dun dramatismo que fai romper en bágoas e saloucos á maioría dos fieis que enchen o fermoso templo.

Para este acto úsase unha imaxe articulada de Cristo, construída polo taller compostelán moderno de Rodríguez e Puente. Actualmente celébrase na igrexa dos PP. Franciscanos.

Procesión do Santo Enterro[editar | editar a fonte]

Organizada pola Orde Franciscana Segrar e a Confraría do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María Santísima. Saída ás 20,00 horas desde a Capela da Soidade, Praza da Soidade. A esta procesión incorpóranse as demais confrarías con todos os seus "pasos", ás 20,15 horas no fondo da Praza Maior.

Procesión da Virxe da Soidade “As Caladiñas”[editar | editar a fonte]

Organizada pola Orde Franciscana Segrar e a Confraría do Desencravo do Señor e das Maiores Dores de María Santísima. Saída ás 23,00 horas desde a Capela da Soidade, na Praza da Soidade.

Sábado Santo[editar | editar a fonte]

Procesión da Virxe da Piedade

Organizada pola Confraría do Santo Cristo do Perdón e A Nosa Señora da Piedade. Saída ás 8,30 horas, desde a catedral de Santa María, Praza Pío XII.

Domingo de Resurrección[editar | editar a fonte]

Procesión do Santo Encontro[editar | editar a fonte]

Organizada pola Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo. Saída ás 11,40 horas desde o Concello de Lugo, Praza Maior.

Procesión do Noso Señor Xesucristo Resucitado

Organizada pola Confraría Infantil da Entrada Triunfal de Xesús en Xerusalén. Saída ás 13,30 horas desde a Praza de Santa María.

Sedes das confrarías da Semana Santa lucense[editar | editar a fonte]

A Semana Santa de Lugo está repartida en sedes distintas: a igrexa de Santiago A Nova, o convento dos PP. Franciscanos, a capela da Soidade, a igrexa de San Froilán e a catedral de Lugo.

Imaxineiros da Semana Santa de Lugo[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (VV.AA., 2008)
  2. "Seis preguntas clave para entender la Semana Santa". www.romereports.com. Consultado o 2017-05-02. 
  3. 3,0 3,1 "Intenso movimiento turístico en Lugo en la Semana Santa". Lugo.gal (en español). 
  4. "Semana Santa en la provincia de Lugo". Vivir Galicia Turismo (en castelán). Consultado o 2017-05-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]