Saltar ao contido

Sehun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSehun

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(ko) 오세훈 Editar o valor em Wikidata
12 de abril de 1994 Editar o valor em Wikidata (30 anos)
Seúl, Corea do Sur Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCorea do Sur Editar o valor em Wikidata
EducaciónEscola de Artes Escénicas de Seúl
Escola Primaria Seúl Mangwoo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , bailarín , cantautor , actor de televisión , rapeiro , actor , modelo , compositor de cancións Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2012 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoK-pop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua coreana, lingua chinesa, lingua xaponesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSM Entertainment
Avex trax Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm7393565 Twitter: ___oohsehun Instagram: oohsehun Musicbrainz: 9892db11-4c1b-4029-bed5-6aae508e7fce Discogs: 4162644 Editar o valor em Wikidata

Oh Se-hun (en hangul, 오세훈; en hanja, 吳世勳; romanización revisada do coreano, O Se-hun; McCune-Reischauer, O Sehun), nado en Seúl o 12 de abril de 1994, máis coñecido coma Sehun, é un rapeiro, bailarín, modelo, cantautor e actor surcoreano; integrante de EXO e do subgrupo EXO-SC.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

1994-2015: Primeiros anos e inicios na súa carreira musical[editar | editar a fonte]

Sehun naceu o 12 de abril de 1994 en Jungnang-gu, Seúl, Corea do Sur.[1][2] Asistiu á Escola de Artes Escénicas de Seúl, da que se graduou en 2013.[3] Foi descuberto por un axente de talentos de SM Entertainment cando tiña doce anos. Ao principio, tentou escapar do axente e foi perseguido por un tempo, pero finalmente decidiu converterse en aprendiz de SM en 2008.

O 10 de xaneiro de 2012, Sehun foi presentado oficialmente como o quinto membro de EXO ante o público.[4] En abril, participou xunto a Baekhyun, Chanyeol e Kai no videoclip de «Twinkle» de Girls' Generation-TTS.[5] O 17 de agosto, foi presentado en Music Bank coma o bailarín de BoA durante a súa interpretación da canción «Only One». En xullo de 2013, protagonizou o segundo episodio da comedia Royal Vila, xunto con Chanyeol.[6] En agosto de 2014, protagonizou o remake de «Yo!» creado para EXO 90:2014.[7] En marzo de 2015, apareceu no vídeo musical de «Can You Feel It?» de Donghae & Eunhyuk.[8] Ao seguinte mes, protagonizou o webdrama EXO Next Door.[9] En maio, apareceu no videoclip da canción «Who Are You» de BoA.[10]

2016-presente: Actividades en solitario[editar | editar a fonte]

En febreiro de 2016 recibiu o premio Weibo K-Pop Star na quinta entrega dos Gaon Chart K-Pop Awards. Máis tarde, en marzo, revelouse que protagonizaría a película Catman.[11][12] En xullo, anunciou o seu papel coma protagonista no drama My Dear Archimedes.[13] En 2017, Sehun impresionou ao obter o terceiro posto como o rostro masculino asiático máis esteticamente agradable no Fashion Face Award da revista I-Magazine.[14][15] En setembro, confirmouse que Sehun participaría no programa Busted! de Netflix.[16] En 2018, revelouse que protagonizaría un drama web titulado Dogko Rewind.[17] En maio do mesmo ano, uniuse ao elenco de Secret Queen Makers. O 14 de setembro, el e o seu compañeiro de grupo Chanyeol lanzaron a canción «We Young» para Station X 0.[18]

O 28 de xuño, confirmouse que Sehun, xunto con Chanyeol, debutaría como integrante de EXO-SC co miniálbum What a Life lanzado o 22 de xullo.[19][20] O 16 de xuño de 2020, anunciouse que Sehun debutaría na pantalla grande coa película Haejeok: Dokkaebi Gitbal, dirixida por Kim Jung-hoon, e que se estreou o 26 de xaneiro de 2022.[21]

Imaxe[editar | editar a fonte]

Moda[editar | editar a fonte]

Sehun ten participado en moitos eventos de moda de marcas de alta gama (Louis Vuitton, Dior ou Ermenegildo Zegna). En 2017 e 2018, asistiu aos defiles de moda en París de Louis Vuitton.[22] En 2018, fixo unha sesión de fotos coa modelo Sara Grace Wallerstedt patrocinada por Louis Vuitton para a revista Vogue Korea.[23] Sehun apareceu na portada da edición especial do vixésimo segundo aniversario de Vogue Korea en agosto de 2018, e converteuse na segunda celebridade masculina coreana en protagonizar a portada desta revista tras G-Dragon. Devandita portada converteuse na edición máis vendida de Vogue Korea dende a súa primeira edición en 1996.[24] O 19 de setembro de 2018, a marca italiana de roupa masculina, Ermenegildo Zegna, anunciou que Sehun, xunto co cantante e actor chinés William Chan, serían embaixadores da liña de roupa XXX.[25]

Filantropía[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2016, UNICEF e Louis Vuitton asociáronse para a campaña de «Make a promise». Irene de Red Velvet e Sehun actuaron como modelos na portada de febreiro da revista de CeCi. Para esta campaña, o 40 por cento das ganancias das vendas do colar e o brazalete de prata de Louis Vuitton que utilizaron Sehun e Irene foi destinado a UNICEF para axudar a nenos en condicións precarias.[26][27]

Revelouse, o 13 de febreiro de 2020, que Sehun doou 20 millóns de wons (aproximadamente 18 mil dólares) á Escola Primaria Seoul Mangu, á que asistiu de neno.[28] O cantante tamén foi acreditado por doar anteriormente ao centro de coidado infantil e xuvenil Eden I Vile e polo seu traballo como voluntario na institución de benestar infantil Sun Duk Home.[29]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hwang Hyo-jin (1 de maio de 2012). "EXO-K: My name is 카이, 세훈". TenAsia (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 4 de xullo de 2016. 
  2. "세훈 (오세훈, SE HUN) 가수". Consultado o 12 de marzo de 2016. 
  3. "Suzy, Sulli, Krystal, Dong Ho, Jong Up, and More Graduate High School". Yaho. de febreiro de 2013. 
  4. "EXO-K와 EXO-M, 다섯번째 멤버 세훈 공개" (en coreano). 10 de xaneiro de 2012. Consultado o 7 de outubro de 2017. 
  5. "TaeTiSeo releases MV for "Twinkle"!". Allkpop. 30 de abril de 2012. Consultado o 9 de outubro de 2012. 
  6. crystalcove (20 de xullo de 2013). "EXO’s Chanyeol and Sehun to Cameo on Sitcom “Royal Villa”". Soompi. Consultado o 9 de outubro de 2015. 
  7. "EXO's Sehun does his own dramatic remake of Shinhwa's 'Yo' MV". Allkpop. 29 de abril de 2016. Consultado o 22 de abril de 2016. 
  8. "Donghae & Eunhyuk do the “Chok Chok” dance with SM Town label mates for their new MV". SBS PopAsia Home. 1 de abril de 2015. Consultado o 22 de xuño de 2016. 
  9. "EXO's Web Drama EXO Next Door to Air First Episode on April 9". Soompi. 5 de marzo de 2015. Consultado o 14 de xuño de 2015. 
  10. CallMeN00NA (5 de xuño de 2015). "EXO’s Sehun Stars in BoA’s Music Video for “Who Are You”". Soompi. Consultado o 25 de xuño de 2015. 
  11. "엑소 세훈, 韓中 합작 영화 '캣츠맨' 주연 확정(공식입장)". News1 (en coreano). 14 de marzo de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 201. 
  12. "EXO’s Sehun confirms screen debut in China". Kpop Herald. 14 de marzo de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2018. 
  13. "엑소 세훈, 한중합작 영화 '친애하는 아르키메데스' 남주 확정". Naver (en coreano). 31 de xullo de 2016. Consultado o 19 de febreiro de 2018. 
  14. "Fashion Face Award Year 2017 Asian Male". I-Magazine. Consultado o 19 de febreiro de 2018. 
  15. "'I-Magazine' ranks the best Asian male/female celebrity faces in 'Fashion Face Award Year 2017'". Allkpop. 3 de febreiro de 2018. Consultado o 19 de febreiro de 2018. 
  16. "유연석, 넷플릭스 '범인은 바로 너' 첫 게스트" (en coreano). 27 de setembro de 2017. Consultado o 19 de febreiro de 2018. 
  17. "EXO’s Sehun to take lead role in action web drama". Kpop Herald. 12 de febreiro de 2018. 
  18. J. Lim (14 de setembro de 2018). "Watch: EXO’s Chanyeol And Sehun Share Hopeful Message With Youth In “We Young” MV". Soompi (en inglés). Consultado o 31 de xaneiro de 2020. 
  19. "[단독] 엑소 찬열X세훈, 비주얼+음악 다되는 듀오조합 탄생..7월 첫 앨범 발표". entertain.naver.com (en coreano). Consultado o 28 de xuño de 2019. 
  20. ""엑소 新 유닛 출격"…세훈&찬열, 7월 22일 'What a life' 발매 [공식입장]". Naver (en coreano). 28 de xuño de 2019. Consultado o 28 de xuño de 2019. 
  21. Yann (16 de xuño de 2020). "EXO’s Sehun Confirms His Acting Return With Upcoming Film “Pirates 2”". Hello K-pop (en inglés). Consultado o 2 de agosto de 2020. 
  22. "EXO’s Sehun Was Louis Vuitton’s Best Dressed Man". Consultado o 7 de marzo de 2017. 
  23. "아름다운 24세 세훈". Vogue Korea (en coreano). 30 de xullo de 2018. Consultado o 16 de decembro de 2020. 
  24. "Vogue Korea's 22nd Anniversary Issue With EXO's Sehun Hit Record-Breaking Sales". Consultado o 27 de xullo de 2018. 
  25. "엑소 세훈, 글로벌 광고 캠페인 모델 됐다 – 머니투데이 뉴스". news.mt.co.kr (en coreano). 19 de setembro de 2018. Consultado o 15 de febreiro de 2019. 
  26. JiwonYu (13 de xaneiro de 2016). "EXO’s Sehun and Red Velvet’s Irene Participate in Charity Pictorial to Help Children in Need". Soompi. Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  27. "‘SM 비주얼’ 엑소 세훈-레드벨벳 아이린 다정 스킨십 포착". Newsen (en coreano). 14 de xaneiro de 2016. Consultado o 3 de febreiro de 2016. 
  28. "엑소 세훈, 모교 망우초에 장학금 2000만원 쾌척". Entertain Naver (en coreano). 13 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 
  29. "엑소 세훈, 모교에 장학금 2000만원 쾌척 '오세훈 장학생' 생겼다". SPOTV News via Naver (en coreano). 13 de febreiro de 2020. Consultado o 29 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]