Kai (cantante)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKai
Nome orixinal(ko) 카이
(ja) カイ Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoKim Jong-in
14 de xaneiro de 1994
Suncheon, Jeolla do Sur, Corea do Sur
Datos persoais
País de nacionalidadeSurcoreana
EducaciónGoriwool Elementary School (en) Traducir
Escola de Artes Escénicas de Seúl
Cheongdam High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,82 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupación
Período de actividade2011 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artístico
LinguaLingua coreana, lingua chinesa, lingua xaponesa e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSM Entertainment
Avex trax Editar o valor em Wikidata
Familia
ParellaJennie Kim (2018–2019)
Krystal Jung (pt) Traducir (2016–2017) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm8277258 Instagram: zkdlin Musicbrainz: 6afff86d-fc4a-4446-a41e-f88e1322a5be Discogs: 2567101 Editar o valor em Wikidata


Kim Jong-in (en hangul, 김종인) nado en Sucheon, Jeolla do Sur, o 14 de xaneiro de 1994, máis coñecido coma Kai (카이), é un rapeiro, cantante, bailarín, actor e modelo surcoreano. Forma parte do grupo EXO, do que foi presentado coma membro en decembro de 2011 e co que debutou oficialmente en abril de 2012 co miniálbum Mama. Comezou a súa carreira coma actor na serie web Choco Bank en febreiro de 2016. En outubro de 2019, debutou xunto ao supergrupo SuperM. Kai é recoñecido coma un dos mellores bailarines de Corea do Sur e da industria do K-Pop.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

1994-2015: Primeiros anos e inicios na súa carreira musical[editar | editar a fonte]

Kai naceu o 14 de xaneiro de 1994 en Suncheon, Jeolla do Sur, Corea do Sur, sendo o menor de tres irmáns. Aos oito anos comezou a bailar jazz e dedicouse ao ballet durante catro anos. Uniuse a SM Entertainment en 2007 tras obter o primeiro lugar de SM Youth Best Contest. Conviviu con outros trainees da SM, formándose nas áreas de canto, baile e actuación. En 2008 participou no videoclip da canción «HaHaHa Song» de TVXQ xunto aos seus compañeiros Suho e Chanyeol.

Kai foi o primeiro membro de EXO en ser presentado ao público en decembro de 2011. No mesmo mes realizou a súa primeira presentación xunto a Luhan, Chen e Tao no evento Gayo Daejun de SBS. Debutou oficialmente en marzo de 2012 co lanzamento do EP Mama. En abril, cos seus compañeiros Baekhyun, Sehun e Chanyeol participou no videoclip de «Twinkle» de Girls' Generation-TTS.

En setembro de 2013 realizou unha actuación de baile con Hyoyeon e Lay no programa Dancing 9, onde bailaron as cancións «Centipede» de Knife Party e «Coco» de Gent & Jawns. O 16 de febreiro de 2014, apareceu nun documental especial de SBS, Ten Thousand Hours of Determination. En agosto do mesmo ano, colaborou con Taemin na canción «Pretty Boy», pertencente ao álbum Ace. En outubro, participou no videoclip da canción «In Summer», un remake creado para EXO 90:2014. En decembro, converteuse en membro honorario da Asociación de Fútbol de Corea do Sur. En abril de 2015, protagonizou xunto aos outros membros de EXO e Moon Ga-young a serie web EXO Next Door. O 24 de outubro de 2015, apareceu no programa Oh My Baby con Taeoh, fillo de Ricky Kim, onde lle tivo que ensinar como converterse nun bo irmán maior.

2016-presente: SuperM e debut como solista[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2016, anunciouse que Kai debutaría coma actor na serie web Choco Bank, que bateu marcas de audiencia. En decembro de 2016, apareceu no drama web 7 First Kisses, para Lotte Duty Free. O 11 de xaneiro de 2017, confirmouse coma o protagonista do drama Andante de KBS, interpretando a Lee Shi-kyung, un estudante de ensino secundario. O 28 de febreiro, anunciouse que Kai participaría no drama Spring Has Come, baseado na novela xaponesa orixinal do mesmo nome, que comezou a transmitirse en xaneiro de 2018. Un mes máis tarde, Kai foi elixido para participar no drama de KBS, The Miracle We Met, que se estreou en abril do mesmo ano

En decembro de 2018, nunha transmisión de Moon Hee Jun’s Music Show, Kai revelou que debutaría coma solista nun futuro próximo. Malia isto, non se revelaron máis detalles até o 25 de xaneiro de 2020, día no que o cantante realizou unha entrevista en Weibo onde falou acerca do seu debut para 2020. En xaneiro de 2019, Kai apareceu coma diretor especial do programa Under Nineteen. En agosto do mesmo ano, foi presentado coma integrante de SuperM, xunto a Baekhyun, Taeyong, Ten, Taemin, Lucas e Mark. O grupo debutou en outubro co lanzamento do EP homónimo. Uns meses despois, en marzo de 2020, Kai converteuse en embaixador global da marca Gucci. O 3 de xullo, News1 informou que Kai atopábase gravando o seu álbum en solitario, pero que aínda non existía unha data establecida, sendo confirmado máis tarde pola súa empresa, SM Entertainment.

O 12 de outubro, o editor en xefe da revista 1st Look publicou unha foto con Kai nas súas redes sociais, anunciando que Kai se convertira na primeira musa masculina da marca de cosméticos Bobbi Brown. O 1 de novembro, Kai apareceu no showcase en liña TUCSON Beyond Drive, unha colaboración entre Hyundai Motors e SM Entertainment, onde realizou unha actuación musical titulada Follow Your Hidden Light que combinaba o K-pop e a tecnoloxía AR. O 30 de novembro de 2020, Kai debutou en solitario cun miniálbum homónimo e co sinxelo «Mmmh», converténdose no quinto membro de EXO en debutar como solista. Como bailarín destacado, el mesmo creou a coreografía para todas as cancións do EP. Durante unha conferencia de prensa en liña o artista declarou: «Aínda que todas as cancións son de R&B, todo é diferente e pensei en como podería mostrar mellor a miña voz e ton no escenario. Espero que a xente tamén estea ansiosa polas actuacións en vivo.»

O 26 de outubro de 2021, SM anunciou que Kai faría o seu primeiro regreso como solista en novembro cun novo álbum. O 11 de novembro, revelouse que o título do disco sería Peaches e que o seu lanzamento sería o 30 do mesmo mes.

Imaxe[editar | editar a fonte]

No episodio do 2 de setembro de 2013 de Hello de KBS 2TV, preguntóuselle a Nicole Jung quen lle gustaba ultimamente. Nicole dubidou, pero respondeu: «Ultimamente, gústame Kai de EXO. Creo que é guapo». En FM4U's Kim Shin Young's Noon Song of Hope de MBC, Hyoyeon de Girls' Generation compartiu que lle gustaría bailar con Kai, declarando: «Xa dixen que mesmo antes do debut de EXO, Kai bailaba ben»

Kai presentando 'I see U' en concerto.

En abril de 2014, a artista BoA tratou temas relacionados co baile en Night of TV Entertainment. Os interlocutores preguntáronlle: «Quen é o bailarín que BoA máis aprecia?», e respondeu sen dubidalo: «Kai de EXO». Ela explicou: «O feito de que traballes duro para bailar non significa que bailes ben. Creo que el ten moi bo control sobre o poder dos movementos entre suaves e fortes». En decembro de 2015, a páxina web Odyssey describiu a Kai coma «divino» ao situalo no décimo cuarto posto entre «os 41 homes máis candentes do mundo». Dita lista é unha protesta contra a elección da revista People de «os homes máis sexys do ano», que adoita favorecer aos homes de raza branca.

O 25 de agosto de 2018, Kai fíxose tendencia en Twitter inesperadamente cando un grupo de fanáticos de EXO comezou a explicar nas redes sociais por que o cantante sería un gran modelo para a popular marca de cosméticos de Rihanna, Fenty Beauty. Xunto co hashtag FENTYxKAI, os fanáticos compartiron fotos das súas sesións fotográficas anteriores, edicións e máis. A marca rapidamente tomou a iniciativa de dar 'me gusta' en varias fotos de Kai en Instagram.

Co lanzamento do álbum Don't Mess Up My Tempo en novembro de 2018, Kai popularizou o Crop Top Mania e transformou o uso da blusa corta no seu estilo característico mediante o uso de diferentes lonxitudes, texturas, cores e deseños.

Dramas[editar | editar a fonte]

Ano Título Canle Papel Notas
2012 To the Beautiful You SBS El mesmo Cameo
2015 EXO Next Door Naver TV Cast Kai Papel secundario
2016 Choco Bank Kim Eun-heng Papel principal
7 First Kisses Kai Dous episodios
2017 Andante KBS1 Lee Shi-kyung Papel principal
2018 Spring Has Come WOWOW Lee Ji-won Papel secundario
The Miracle We Met KBS2 Ato

Programas de TV[editar | editar a fonte]

Ano Título Canle Notas Ref.
2012 Asian Hero Channel V Thailand Invitado
Asia Lover True Corporation
M! Countdown Mnet Presentador con Suho
2013 Star King SBS Invitado con Luhan, Baekhyun, Xiumin e Suho
Immortal Songs 2 KBS Invitado
Idol Star Athletics Championships MBC Competidor con Suho, Luhan, Xiumin, Baekhyun,

Kris, Sehun e Tao
[1]
We Got Married Invitado con Suho visitando a
parella de Taemin e Naeun
[2]
Inkigayo SBS Presentador [3]
Dancing 9 Mnet Invitado con Lay [4]
Hello Counselor KBS Invitado con Lay [5]
2014 Running Man SBS Competidor con Sehun [6]
2015 After School Club Arirang TV Invitado con Baekhyun [7]
Oh! My Baby SBS Invitado [8]
2016 Yummy! Yummy! Le.com Invitado con Sehun [9]
2018 Under Nineteen MBC Mentor [10]
2019 K stage JTBC Invitado con Suho, Baekhyun, Chen e Sehun [11]

Premios e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Ano Premio Categoría Traballo nomeado Resultado Ref(s).
2018 StarHub Night of Stars Personaje favorito dun drama coreano Andante [12]
32nd KBS Drama Awards Mellor actor novel The Miracle We Met Nomeado [13]
Mellor parella
(con Ra Mi-ran)
Nomeados
2020 Golden Disc Awards Disco bonsang Kai Nomeado [14]
2021 Mnet Asian Music Awards Mellor solo masculino Nomeado
Artista do ano Nomeado
Álbum do ano Nomeado
Outros premios
2018 13th Soompi Awards Mellor ídolo-actor Andante Nomeado [15][16]
Recoñecementos
2016 TC Candler: The 4th Annual Independent Critics List World's 100 Most Handsome Faces of 2016 El mesmo 44th [17]
2017 TC Candler: The 5th Annual Independent Critics List World's 100 Most Handsome Faces of 2017 38th [18]
2018 TC Candler: The 6th Annual Independent Critics List World's 100 Most Handsome Faces of 2018 51st [19]
2019 TC Candler: The 7th Annual Independent Critics List World's 100 Most Handsome Faces of 2019 63rd [20]
2020 TC Candler: The 8th Annual Independent Critics List World's 100 Most Handsome Faces of 2020 32nd [21]
2021 TC Candler: The 9th Annual Independent Critics List World's 100 Most Handsome Faces of 2021 48th [22]
2022 TC Candler: The 10th Annual Independent Critics List World's 100 Most Handsome Faces of 2022 97th [23]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Shin, Sung-ah (5 de setembro de 2013). "아육대 엑소 타오 부상, 높이뛰기 경기하다… “활동지장 無”". NewDaily (en coreano). Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  2. Kang, Seo-jung (30 de novembro de 2013). "'우결' 엑소 수호·카이, 태민·손나은 결혼식 '훈훈 하객들'". The Chosun Ilbo (en coreano). Consultado o 8 de decembro de 2019. 
  3. Kang, Min-young (11 de agosto de 2013). "EXO 카이 '인기가요' 1일 MC 발탁". Sports World (en coreano). Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  4. Won, Ho-yeon (29 de setembro de 2013). "'댄싱9' 방송사고…'효연·카이·레이 무대에 음향 끊겨'". JTBC News (en coreano). Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  5. "‘안녕하세요’ 엑소 카이·레이 ‘으르렁’ 스페셜 무대로 눈길". Zum News (en coreano). 14 de outubro de 2013. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  6. Lee, Jung-ah (17 de agosto de 2014). "[런닝맨]엑소 카이, 머드에 미끄러져도 화보 자태". SBS Digital News (en coreano). Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  7. "Watch EXO's Kai & Baekhyun on After School Club LIVE". Special Broadcasting Service (en inglés). 23 de xuño de 2015. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  8. Lee, So-dam (31 de outubro de 2015). "'오마베' 카이, 정말 좋은 아빠가 될 거예요 [종합]". Chosun (en coreano). Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  9. "엑소 세훈-카이, 中 예능 ‘yummy! yummy!’ 출연해 요리 최초 도전". Hankyung News (en coreano). 8 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2021. Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  10. Kim, Moon-jung (12 de xaneiro de 2019). "'언더나인틴' 엑소 카이, 예비돌 위해 맞춤 디렉팅+조언 "너희 행복이 먼저" [종합]". Nate (en coreano). Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  11. Yong, Won-jung (6 de xuño de 2019). "‘스테이지K’엑소편,백현폭풍눈물과카이급당황...이유는". Single List (en coreano). Consultado o 8 de decembro de 2021. 
  12. "StarHub Night of Stars Makes Its Mark in Singapore". Star Hub. Consultado o 23 de febreiro de 2019. 
  13. "유동근 대상 "장미희 덕분인데 내가 왜..대하드라마 부활 기원"". 10Asia (en coreano). 1 de xaneiro de 2019. 
  14. "Golden Disc Awards Album Division Nominees". Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  15. "13th Annual Soompi Awards: The Winners". Soompi. 16 de abril de 2018. Consultado o 21 de agosto de 2018. 
  16. "10 Idol Actors Who Really Showcased Their Acting Abilities In 2017". Soompi. 6 de febreiro de 2018. Consultado o 12 de febreiro de 2018. 
  17. "The “Independent Critics” List…. 100 Most Handsome Faces of 2016". TC Candler. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2020. Consultado o 27 de marzo de 2020. 
  18. K. Do (28 de decembro de 2017). "Korean Stars On The 100 Most Handsome Faces Of 2017 List". Soompi. Consultado o 28 de decembro de 2017. 
  19. "Semua Personel BTS Masuk The 100 Most Handsome Faces 2018, Jungkook Peringkat 2". Tribun Pontianak. 29 de decembro de 2018. Consultado o 30 de decembro de 2018. 
  20. "Bertalenta! 23 Idola KPop Raih Gelar The Most 100 Handsome Faces 2019". IDN Times (en indonesio). 28 de decembro de 2019. Consultado o 29 de decembro de 2019. 
  21. "TC Candler’s ‘The 100 Most Handsome Faces Of 2020’ Includes BTS, GOT7, NCT And More". Korea Portal (en inglés). 28 de decembro de 2020. Consultado o 3 de xaneiro de 2021. 
  22. "Male K-Pop Idols Who Made TC Candler’s ‘100 Most Handsome Faces’ 2021!". Korea Portal (en inglés). 29 de decembro de 2021. Consultado o 25 de marzo de 2023. 
  23. "BTS V ranks 7th in 2022's list of 'Most Beautiful Faces'". Whatta News (en inglés). 1 de xaneiro de 2023. Consultado o 25 de marzo de 2023.