Segar's Roll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Segar's Roll
College of Arms, Londres
Páxina da copia facsimilar do Segar's Roll
Tamén coñecido comoArmorial Segar
TipoArmorial
Datac. 1282
Lugar de orixeInglaterra
Lingua(s)Anglonormando
Autor(es)Descoñecido
MaterialPergamiño
Dimensións2,97 m × 15 cm
FormatoRolo
CondiciónDesaparecido
Contido212 armas
Posesións previasSegar
IdentificadorL.14/1 (1600)
Harl.6137 (1605)
ms.664/8/r22 (1640)
modificar datos en Wikidata ]

O Segar's Roll é un armorial inglés que data de arredor de 1282. O orixinal perdeuse contra mediados do século XVII, mais consérvanse varias copias, algunha delas en facsímile. Nel documéntase o testemuño máis antigo coñecido do escudo de Galiza.

Características[editar | editar a fonte]

Este armorial era un auténtico rolo de armas (roll of arms)[a] cuxo pergamiño medía uns 2,97 m de longo e 15 cm de largo. Recibe o nome do seu último propietario, William Segar, e datouse grazas á aparición dun personaxe que sucedeu na súa casa en 1281 e doutros dous que finaron no ano seguinte.[1][2]

Aínda que o orixinal desaparecera a mediados do século XVII, del fixéronse cinco copias, catro ilustradas e unha brasonada. A máis fiel e temperá copia facsimilar foi realizada contra 1600 e consérvase na que é a máxima autoridade heráldica de Inglaterra: o College of Arms. Unha segunda copia facsimilar, mais de inferior cualidade, áchase na Society of Antiquaries of London e data de 1640. Das dúas ilustradas que restan, ambas sen corar, unha está tamén no College of Arms e a outra na Biblioteca Británica, datando dos anos 1600 e 1605 respectivamente. Por último, a brasonada atópase no Stratford Shakespeare Trust.[3]

Tiña pintados 212 escudos de armas en ringleiras de catro, pertencentes a reis e a diferentes estamentos da nobreza inglesa.[3] Xunto a outros escudos de monarquías europeas aparece a primeira representación coñecida do escudo de Galiza: tres cálices de ouro sobre un campo de azur. Trátanse dunhas armas falantes, pois indubidabelmente o autor do Segar atribuíu ó «rey de Galyce» o símbolo do cáliz debido á proximidade fonética existente na lingua anglonormanda entre «Galice» (Galiza) e «calice» (cáliz).[1][2]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O termo roll of arms acabou en inglés denominando calquera armorial, indenpendentemente do seu formato.
Referencias
  1. 1,0 1,1 Menéndez Pidal 1999, pp. 288-289.
  2. 2,0 2,1 Pardo de Guevara 2007, pp. 34, 38, 74.
  3. 3,0 3,1 Clemmensen 2017, pp. 101-102.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]