Seán MacEntee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Seán MacEntee
Nome completoSeán Francis MacEntee
Nacemento22 de agosto de 1889
 Belfast
Falecemento10 de xaneiro de 1984
 Dublín
SoterradoGlasnevin Cemetery
NacionalidadeIrlanda, República Irlandesa, Estado Libre Irlandés e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterSt Malachy's College
Ocupaciónpoeta, político e enxeñeiro eléctrico
editar datos en Wikidata ]

Seán MacEntee ou Seán Mac an tSaoi, nado en Belfast o 22 de agosto de 1889 e finado en Dublín o 10 de xaneiro de 1984, foi un político irlandés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa carreira política na que foi Teachta Dála polo Fianna Fáil en torno a corenta anos, MacEntee converteuse nunha das máis importantes figuras da Irlanda independente. Estivo nos gobernos de Éamon de Valera e Seán Lemass con cargo de ministro (de Finanzas, Industria e Comercio, e Sanidade). Foi membro de tódolos gabinetes do Fianna Fáil dende 1932 a abril de 1965. El e mais Lemass introduciron unha política proteccionista en 1932 que actualmente é considerada un fracaso. Serviu como Tánaiste de Irlanda dende 1959 a 1965. No momento da súa morte, era o único membro supervivente do Primeiro Dáil. A súa filla é a escritora e poetisa Máire Mhac an tSaoi.