Máire Mhac an tSaoi
Máire Mhac an tSaoi | |
---|---|
Nacemento | 4 de abril de 1922 |
Dublín, ![]() | |
Falecemento | 16 de outubro de 2021 e 2021 |
Nacionalidade | Irlanda |
Ocupación | diplomática, poeta, escritora e lingüista |
Cónxuxe | Conor Cruise O'Brien |
Xéneros | Poesía |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Máire Mhac an tSaoi, nada o 4 de abril de 1922 en Dublín e finada o 16 de outubro de 2021, foi unha das máis aclamadas e respectadas poetisas, escritoras e académicas da literatura moderna en lingua irlandesa. Xunto con Seán Ó Ríordáin e Máirtín Ó Direáin, formou a trindade que revolucionou a poesía en irlandés entre os anos 1940 e 1950.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Filla do político e fundador do Fianna Fáil Seán MacEntee e de Margaret Browne, mestra no Alexandra College, medrou no seo dunha familia de fortes conviccións republicanas. O seu tío, Pádraig de Brún, foi un dos académicos da lingua irlandesa máis respectados do século XX.
En 1962, casou co tamén escritor e político Conor Cruise O'Brien, co que tivo dous fillos adoptados, Patrick e Margaret.
Mhac an tSaoi demostrou dende sempre unha gran paixón polo irlandés e foi unha das máximas autoridades no irlandés do Munster. Tamén foi membro de Aosdána.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Margadh na Saoire (1956)
- Codladh an Ghaiscigh (1973)
- An Galar Dubhach (1980)
- An Cion go dtí Seo (1987)
- Shoa agus dánta eile (1999)
Ficción[editar | editar a fonte]
- A Bhean Óg Ón (2001)
Outros[editar | editar a fonte]
- Dhá sgéal Artúraíochta (1946)
- A Concise History of Ireland, ISBN 0-500-45011-0 (1972)
- The Same Age as the State (2007)
- Cérbh í Meg Russell? (2008)
- "Writing In Modern Irish — A Benign Anachronism?" (1995)
- Scéal Ghearóid Iarla