Scott McCloud

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaScott McCloud

(2007) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1960 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Boston, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Syracuse
Lexington High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista de banda deseñada , escritor , pintor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoHistorieta, pintor e escritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webscottmccloud.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm1433728 Twitter: scottmccloud TED: scott_mccloud Editar o valor em Wikidata

Scott McCloud nado como Scott McLeod en Boston (Massachusetts) o 10 de xuño de 1960 é un creador de bandas deseñadas estadounidense e defensor do cómic como unha forma literaria e de arte autónoma.

Scott McCloud en Montreal, Quebec, 2006.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

McCloud comezou a destacarse como autor de bandas deseñadas coa serie de ficción científica Zot!, publicada entre 1984 e 1990 por Eclipse Comics.[1] O seu traballo na serie proporcionoulle unha candidatura ao premio Eisner de "Mellor Escritor e Debuxante" en 1988.[2]

Os seus outros traballos de banda deseñada inclúen Destroy!!, a novela gráfica The New Adventures of Abraham Lincoln e o guión de doce edicións de Superman Adventures da DC Comics (revista baseada na serie animada Superman: The Animated Series producida por Bruce Timm), a miniserie Superman: Strength, e a súa novela gráfica The Sculptor, lanzada en 2015.[3]

A súa popularidade, no entanto, é maior como teórico da banda deseñada, debido aos seus libros Entender o cómic (1993) e Reinventing Comics: How Imagination and Technology Are Revolutionizing an Art Form (2000).[4]

En 2006, publicou Making Comics: Storytelling Secrets of Comics, Manga and Graphic Novels. Nesas obras, todas presentadas como bandas deseñadas, McCloud aborda todo o proceso de creación de historias nese formato, analizándoo tanto polos aspectos conceptual e artístico como tamén polo técnico e comercial.

Soctt McCloud foi tamén un dos pioneiros na produción de webcómics e creador do concepto de 24 horas de cómic (24-hour comic), en que un único artista traballa durante 24 horas ininterrompidas creando unha historia de 24 páxinas.[1][5] A idea, que xurdiu dun desafío persoal co debuxante Stephen Bissette, dende entón logrou un número significativo de adeptos.[6]

O 1 de setembro de 2008, para divulgar o lanzamento do navegador Google Chrome, a Google publicou en Internet unha nota de prensa en formato de cómic debuxada por McCloud.[7]

Recepción e legado[editar | editar a fonte]

McCloud ten sido chamado o "Marshall McLuhan da banda deseñada".[1]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Zot!
    • Zot!: Book One (Eclipse Books, 1991)
    • Zot!: Book Two (Issues 11-15 & 17-18) (Kitchen Sink Press, 1998)
    • Zot!: The Complete Black and White Collection: 1987-1991 (Harper Paperbacks, 2008)
  • Understanding Comics
    • Understanding Comics: The Invisible Art (1993). Editado en galego como Entender o cómic. A arte invisible[8]
    • Reinventing Comics: How Imagination and Technology Are Revolutionizing an Art Form (2000)
    • Making Comics: Storytelling Secrets of Comics, Manga and Graphic Novels (2006)
  • The New Adventures of Abraham Lincoln (Image Comics, 1998)
  • 24 Hour Comics (editor) (About Comics, 2004)
  • Destroy! (Oversized Edition) (Eclipse Books, 1986)
  • The Sculptor (First Second, 2015)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]