Chasco rabipinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Saxicola rubetra»)

O chasco rabipinto,[1] (Saxicola rubetra)[2] é unha pequena ave paseriforme membro da familia Muscicapidae, dos papamoscas do Vello Mundo, que antes era incluída en Turdidae. É unha especie migratoria insectívora que se reproduce en ásperas leiras de pasto ou campóns similares non cultivados en Europa e Asia. Aniña en canavais. Todas as poboacións da especie invernan en África.

A chasca é similar en talle ao paporroibo europeo (Erithacus rubecula). Ambos os dous sexos da especie teñen a rabadilla amarelada e a cola branca cunha banda terminal negra. O macho no verán ten as partes superiores pardas, a garganta anteada e os lados da cabeza ennegrecidos. Ten unha lista superciliar intensamente branca. Ten parches brancos nas ás. A femia ten os lados da cabeza castaños, a cella anteada e non ten os parches brancos nas ás.

O macho ten un canto crepitante. Chama facendo o "chac" típico da chasca ou cun chío suave.

Esta especie representa unha diverxencia bastante basal do xénero Saxicola (Wink et al. 2002).

Debuxo dun macho e dunha femia da chasca rabipinta.
Ovos de Saxicola rubetra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  2. Etimoloxía: Saxicola, "morador de rochas", do latín saxum, "rocha" + -cola, "quen habita nun lugar"; rubetra, en latín "arroibado".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Wink, M.; Sauer-Gürth, H. & Gwinner, E. (2002): Evolutionary relationships of stonechats and related species inferred from mitochondrial-DNA sequences and genomic fingerprinting. British Birds 95: 349-355. Texto completo PDF

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]