Chasco do norte
Chasco do norte | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Saxicola rubetra (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
ver texto |
O chasco do norte[1], tamén coñecido como chasco rabipinto,[2] (Saxicola rubetra)[3] é unha pequena ave paseriforme membro da familia Muscicapidae, dos papamoscas do Vello Mundo, que antes era incluída en Turdidae. É unha especie migratoria insectívora que se reproduce en ásperas leiras de pasto ou campóns similares non cultivados en Europa e Asia. Aniña en canavais. Todas as poboacións da especie invernan en África.
A chasca é similar en talle ao paporroibo europeo (Erithacus rubecula). Ambos os dous sexos da especie teñen a rabadilla amarelada e a cola branca cunha banda terminal negra. O macho no verán ten as partes superiores pardas, a garganta anteada e os lados da cabeza ennegrecidos. Ten unha lista superciliar intensamente branca. Ten parches brancos nas ás. A femia ten os lados da cabeza castaños, a cella anteada e non ten os parches brancos nas ás.
O macho ten un canto crepitante. Chama facendo o "chac" típico da chasca ou cun chío suave.
Esta especie representa unha diverxencia bastante basal do xénero Saxicola (Wink et al. 2002).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Etimoloxía: Saxicola, "morador de rochas", do latín saxum, "rocha" + -cola, "quen habita nun lugar"; rubetra, en latín "arroibado".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wink, M.; Sauer-Gürth, H. & Gwinner, E. (2002): Evolutionary relationships of stonechats and related species inferred from mitochondrial-DNA sequences and genomic fingerprinting. British Birds 95: 349-355. Texto completo PDF
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ageing and sexing (PDF; 4.5 MB) by Javier Blasco-Zumeta & Gerd-Michael Heinze
- Feathers of Whinchat (Saxicola rubetra)
- Avibase
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Chasco do norte |