Sarsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
pedras cincentas alongadas de varios metros estendidas nun pardo inclinado
Pedras de sarsen, reserva natural de Fyfield Down (Wiltshire)

As pedras sarsen son moles de pedra areenta do Reino Unido en Salisbury Plain e Marlborough Downs en Wiltshire, en Kent e en pequenas cantidades en Berkshire, Essex, Oxfordshire, Dorset e Hampshire. Son os restos posglaciais dunha capa de silicio cenozoico que cubriu antigamente gran parte do sur de Inglaterra. É unha rocha densa e dura creada a partir de area unida por un cemento de sílice, o que a converte nunha especie de arenisca silicificada.[1] Crese que isto se formou durante a meteorización do Neóxeno no Cuaternario, pola silicificación dos sedimentos do Grupo Lambeth do Paleoceno Superior como resultado da lixiviación aceda.[2]

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A palabra «sarsen» é unha adaptación de «pedra saracen», do dialecto Wiltshire. Saracen era un nome común para os musulmáns e chegou a ser utilizada para todo o que non se consideraba cristián, xa fose musulmán, pagán, celta ou doutra orixe.[3]

Usos[editar | editar a fonte]

Os construtores de Stonehenge utilizaron estas pedras para a chamada Pedra do Talón e o Círco de Sarsen.[4] Avebury[5] e moitos outros monumentos megalíticos en Inglaterra do sur tamén están construídos con pedras de sarsen.

Para romper a pedra en pezas dunha medida adecuada para o seu uso na construción, empregouse inicialmente lume e posteriormente explosivos. Con todo, as pedras de sarsen non son un material de edificación ideal. William Stukeley escribiu que este material está «sempre húmido no inverno, o que fai que estea mollado e danado, e podrece o mobiliario».[Cómpre referencia]

No caso de Avebury, os investidores que apoiaron un plan para reutilizar a pedra, arruináronse cando resultou que as casas que construíran eran imposíbeis de vender e tamén propensas a incendiarse. A pesar destes problemas, as pedras de sarsen eran moi apreciadas pola súa durabilidade, especialmente para chanzos e pedras de bordo.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sarsen stones in Winchester na web de viaxes The City of Winchester, Hampshire (en).
  2. Stewart Ullyot, J.; Nash, D.J.; Whiteman, C.A.; Mortimore, R.N. (2004). "Distribution, petrology and mode of development of silcretes (sarsens and puddingstones) on the eastern South Downs, UK" 29 (12). Bibcode:2004ESPL...29.1509U. doi:10.1002/esp.1136. 
  3. Stevens, Frank. "Stonehenge". Consultado o 4 de setembro de 2014. 
  4. Bruce Bedlam The stones of Stonehenge Arquivado 30 de outubro de 2022 en Wayback Machine.
  5. Stone ring of Avebury na web World Pilgrimage Guide (en).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]