Santolina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Santolinas (xénero Santolina)
Santolina virens 2.jpg
Santolina rosmarinifolia
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Asterales
Familia: Asteraceae
Subfamilia: Asteroideae
Tribo: Anthemideae
Subtribo: Santolininae
Xénero: Santolina
L.
Especies

Ver texto

Santolina, as santolinas[1], é un xénero de plantas pertencente á familia Asteraceae, nativa da rexión Mediterránea. Segundo autores, hai entre 15 e 18 especies.

Descrición[editar | editar a fonte]

As especies son gamalloperennes que acadan 10–60 cm de altura. As follas son simples nalgunhas especies, ou pinnadas, finamente divididas noutras, a miúdo densamente viludas. As flores son amarelas, producíndose en inflorescencias globosas con testas florais de 1–2 cm de diámetro que sobresaen 10–25 cm sobre a follaxe.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Varias especies de Santolina son alimento para as larvas dalgunhas especies de lepidópteros incluíndo Bucculatrix santolinella (come exclusivamente S. chamaecyparissus) e Coleophora sobre C. albicella.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 842. 1753.[2] A especie tipo é: Santolina chamaecyparissus

Etimoloxía

Santolina: nome xenérico que deriva do latín sanctus = "sagrado" e linum = "liño", baseada nun antigo nome dunha especie deste xénero.[3]

Especies seleccionadas[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]