Adosinda (raíña)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Tumba de Siro e Adosinda.

Adosinda, finada despois do 785, foi raíña consorte da Galiza altomedieval polo seu matrimonio co rei (princeps) Silo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi filla de Afonso I o Católico e da raíña Ermesinda, e irmá de Froila I e medio irmá do rei Mauregato. Por parte paterna era neta do duque Pedro de Cantabria, e por parte materna era neta de Paio de Asturias e da súa muller Gaudiosa.

Trala morte do seu irmán, o rei Fruela I, permaneceu na corte baixo a protección do rei Aurelio, e mandou ao seu sobriño Afonso ao mosteiro de San Xulián de Samos para darlle protección e formación. Na corte asturiana coñeceu a Silo, un nobre galego co que casou. Trala morte de Aurelio no ano 774, Silo pasou a ser , pasó a ser rei de Asturias.

Ao morrer Silo no ano 783 sen deixaren descendencia, Adosinda interviu para que o sucesor do rei fose o seu sobriño Alfonso, o fillo de Fruela. Porén, o trono foi tomado polo medio irmán de Adosinda, Mauregato, quen expulsou a Afonso, o cal se refuxiou en Álava.

Xa que Adosinda apoiara a Afonso, a súa posición na corte fíxose insegura, polo que ingresou no mosteiro de San Xoán de Santianes de Pravia (Pravia)[1]. Entrou como relixiosa o 26 de novembro do ano 783 ou 785 segundo o cronista Ambrosio de Morales, en presenza do abade Fidel e de Beato e Eterio, estes dous coñecidos pola controversia que mantiveron co arcebispo de Toledo Elipando de Toledo[2]. Este mosteiro fora mandado construír por Silo, e nel foron enterrados o rei e mais a súa esposa[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Álvarez Palenzuela, V. A.: Historia de España de la Edad Media. Capítulo 5, páx 97.
  2. Quadrado, J. M.: Recuerdos y bellezas de España: Asturias, páx. 45.
  3. Del Arco y Garay, Ricardo (1954): Sepulcros de la Casa Real de Castilla. Madrid: Instituto Jerónimo Zurita - CSIC. Páx. 133.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dacosta Martínez, Arsenio F. (1992): "Notas sobre las crónicas ovetenses del siglo IX: Pelayo y el sistema sucesorio en el caudillaje asturiano", en Studia historica. Historia medieval nº 10, páx. 9-46. Salamanca, Ediciones Universidad de Salamanca. Departamento de de Historia Medieval, Moderna y Contemporánea.
  • Flórez, Enrique (1770): Memorias de las Reinas Católicas. Historia genealógica de la Casa real de Castilla y de León. Tomo I.
  • Solé, José María (2007): Apodos de los reyes de España. La Esfera de los Libros S.L.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]