Santa María do Naranco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santa María do Naranco

Santa María do Naranco (en asturiano: Ilesia de Santa María'l Narancu) é unha igrexa prerrománica de estilo asturiano ou ramirense que foi construída orixinariamente coma palacio polo monarca Ramiro I da Galicia altomedieval no 842, e reconvertida a igrexa probablemente no século XII. Está situada na aba sur do Monte Naranco, a tres quilómetros de Oviedo, en Asturias.

Historia[editar | editar a fonte]

Construída por Ramiro I como palacio, ou Aula Rexia, formabaou parte dun conxunto de edificios reais máis amplo que contaba tamén coa igrexa de San Miguel de Lillo, que está a 100 m de distancia.

O seu carácter de edificio civil mudou no século XII pois tralo derrubamento da cabeceira e parte das naves de San Miguel de Lillo será transformada en igrexa, como queda rexistrado na crónica silense en 1015, que xa a denomina templo de Santa María.

Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.