San Xián, O Rosal, O Rosal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Xián
ParroquiaO Rosal
ConcelloO Rosal
Coordenadas41°57′59″N 8°52′41″O / 41.966455518279, -8.8780815498279Coordenadas: 41°57′59″N 8°52′41″O / 41.966455518279, -8.8780815498279
Poboación81 hab. (2022)
editar datos en Wikidata ]

San Xián é un lugar da parroquia do Rosal, no concello pontevedrés do Rosal, na comarca do Baixo Miño.[1] Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 81 habitantes (43 homes e 38 mulleres).

Historia[editar | editar a fonte]

Eclesiasticamente pertencía á parroquia do Rosal. En 1796 os veciños solicitaron que se declarase parroquia independente e en 1806 o bispo Xoán García Benito erixiuna como vigairía perpetua. Non se constituíu, por tanto, como parroquia e pasou a ser un anexo da de Santa María de Oia, á cal segue a pertencer actualmente. Pola contra, administrativamente pertence á parroquia do Rosal.[3]

Debe o seu nome ao seu patrón, San Xián o Hospitaleiro.[3]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Posúe unha igrexa moi sinxela: unha soa nave rectangular e o presbiterio de corpo cadrado máis alto e ancho que a nave. Polo sur, engadíuselle a sancristía ó lado do presbiterio. En todos os esquinais presenta un apilastrado sinxelo como apoio de cornixa en media cana que acolle o tellado.[3]

A súa festa celébrase o 7 de xaneiro.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares do Rosal[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia do Rosal no concello pontevedrés do Rosal

O Barrio Novo | A Barrosa | A Cachada | O Calvario | A Campaneira | O Casal | Caselas | Castañón | Couselo | O Couso | As Cruces | A Cumieira de Abaixo | A Cumieira de Arriba | A Cunchada | A Fecha | Formás | Fornelos | Os Lagos | A Lomba | Martín | Marzán | A Mata | As Medas | Miranxe | A Mo | A Morraceira | Novás | O Outeiro Pito | Pancenteo | Parada | O Picón | Ponte de Carros | Portecelo | A Pousa | O Priorato | O Rego | A Rotea | San Xián | San Xosé | Sandián | Senín | O Urgal | Valdemiñotos | A Videira | Viso dos Eidos

Parroquias do Rosal[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias do Rosal

As Eiras (San Bartolomeu) | O Rosal (Santa Mariña) | San Miguel de Tabagón (San Miguel) | Tabagón (San Xoán)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomenclátor de Galicia. Busca directa (ed.). "Lugares da parroquia do Rosal, O Rosal". Consultado o 18 de maio de 2023. 
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Diocese de Tui-Vigo - Delegación de Patrimonio. "Sanxián (anexo de Oia)" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16/12/2014. Consultado o 27/2/2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]