Samuel White Baker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Samuel White Baker
Sir-Baker.jpg
Nacemento8 de xuño 1821
Lugar de nacementoLondres, Inglaterra
Falecemento30 de decembro 1893
Lugar de falecementoNewton Abbot, Devon, Inglaterra
SoterradoCemitério de Brompton
NacionalidadeFlag of the United Kingdom (3-5).svg Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
OcupaciónExplorador escritor enxeñeiro militar
PaiSamuel Baker
NaiMary Dobson
CónxuxeHenrietta Ann Bidgood Martin e Florence Baker
FillosAgnes Charlotte Mary Baker
IrmánsValentine Baker e James Baker
Premiosmembro da Royal Society, Knight Commander of the Order of the Bath, Patron’s Medal, Grande Médaille d'Or des Explorations e Irmandade da Real Sociedade Geográfica
Na rede
Find a Grave: 18494014 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Samuel White Baker (Londres 1821 - Sandford Orleigh 1893) foi un explorador inglés.

Educado en Inglaterra e Alemaña, logo da súa voda en 1843 estableceuse en Mauritius durante dous anos, antes de pasar a Ceilán onde estableceu un asentamento agrícola en Nuwara Eliya para o que levou emigrantes ingleses. Na súa estadía ceilandesa publicou The Rifle and the Hound in Ceylon (1853) e Eight Years' Wanderings in Ceylon (1855), resultado das súas expedicións de caza.

Foi supervisor da construción do ferrocarril na Dobrudja, que conectaba o Danubio co mar Negro.

En marzo de 1861 emprende a súa primeira expedición por África central, co propósito de descubrir as fontes do Nilo. O 14 de marzo de 1864 foi o primeiro europeo en ver o Lago Alberte.