Salvator Mundi (Leonardo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Salvator Mundi
ArtistaLeonardo da Vinci
Datac.1500
Técnicaóleo sobre nogal
Dimensións45.5 cm × 65.6 cm
LocalizaciónColección privada

Salvator Mundi[1] é unha pintura de Cristo como Salvator Mundi («Cristo como salvador do mundo») que foi atribuída pola maioría dos eruditos como obra de Leonardo da Vinci desde o seu redescubrimento en 2005.[2] Esta atribución foi rexeitada por outros especialistas, algúns dos cales postulan que el só contribuíu con certos elementos.[3] Longamente perdida, foi restaurada e exhibida en 2011. A pintura mostra a Cristo, cun vestido renacentista, dando unha bendición coa man dereita levantada e dedos cruzados mentres sostén unha esfera de cristal na súa man esquerda.[4] A pintura foi vendida en poxa por Christie's en Nova York, o 15 de novembro de 2017, por 7008450312500000000450.312.500 USD o que a converte na pintura máis cara xamais vendida.[5][6]

Descrición[editar | editar a fonte]

A pintura mostra a Cristo como rei e salvador do mundo; representase de fronte, sostendo unha esfera transparente que simboliza a totalidade do cosmos, isto é, a esfera das estrelas fixas que é o máximo ao que alcanza a vista humana. Noutras versións do cadro, sostén un globo terráqueo en lugar da esfera. Coa outra man, fai o xesto da bendición latina.

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

O estado de conservación da obra é mediano, mellor na parte inferior do cadro. O rostro e a cabeza sufriron moitos repintes. O máis característico de Leonardo é a destra que bendí, pintada nunha vista escorzada e co característico sfumato do mestre. Outras partes son máis mediocres, produto quizais da mala conservación e as restauracións. A cabeza é ríxida e algo desproporcionada, e o seu encaixe co tronco a través do pescozo, pouco convincente, cousa estraña nun artista consumado coñecedor da anatomía humana. As vestiduras, de cor azulado con riberetes de brocado de ouro, mostran ao Salvador, que aparece cunha incipiente barba e longa cabeleira rizada, cos atributos característicos dos emperadores, con dúas bandas cruzadas sobre o peito.

Versións e poxa[editar | editar a fonte]

Hai, polo menos, doce réplicas da obra,[7] aínda que a máis salientable é a do marqués de Ganay[8] quen mantiña que a versión baixo a súa posesión desde 1911 era a orixinal. Hai autores que apoian esa opinión mentres outros afirman que pertence ao denominado "círculo de Leonardo". En 1999, poxou a pintura en Sotheby's e conseguiu venderse por 332. 500 dólares.[9] Foi adquirido por un consorcio de marchantes de arte en 2005.

Unha das tradicionalmente consideradas como copia, redescuberta e restaurada en 2011, foi considerada por parte dos especialistas como a obra que máis probablemente puidese identificarse como o cadro orixinal, aínda que tal extremo non é aceptado por todos.[10] Figurou na exposición "Leonardo da Vinci: Pintor na Corte de Milán" do 9 de novembro de 2011 ao 5 de febreiro de 2012 na National Gallery de Londres.[11][12]

O 15 de novembro de 2017 foi poxada en Nova York por un prezo récord de 450,3 millóns de dólares, converténdose na obra de arte máis cara vendida nunha poxa. A casa de poxas Christie's estimara que a obra sería vendida por 100 millóns de dólares.[13][14]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Winckelmann historia del arte antiguo (en castelán)
  2. Richard Hartley-Parkinson (2017-11-16). "Leonardo Da Vinci portrait of Jesus Christ ‘Salvator Mundi’ sells for $450,000,000". Metro (en inglés). Consultado o 22 de novembro do 2017. Leonardo Da Vinci retrato de Xesucristo' Salvator Mundi' véndese por $450,000,000,000 
  3. Alberge, Dalya (2017-10-18). "Mystery over Christ’s orb in $100m Leonardo da Vinci painting". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 22 de novembro do 2017. Misterio sobre o orbe de Cristo nun cadro de 100 millóns de dólares de Leonardo da Vinci 
  4. Christie's’. "Video: The Last da Vinci" (en inglés). Consultado o 22 de novembro do 2017. 
  5. "Da Vinci-maleri slår salgsrekord med pris på 2,8 milliarder". www.bt.dk (en dinamarqués). Consultado o 22 de novembro do 2017. 
  6. "'Leonardo da Vinci artwork' sells for record $450m". BBC News (en inglés). 2017-11-16. Consultado o 22 de novembro do 2017. 'A arte Da Vinci' véndese por 450 millóns de dólares 
  7. Marani (1992), p. 147
  8. Gustave Chaix d'Est-Ange, Dictionnaire des familles françaises anciennes ou notables à la fin du xixe siècle. XX. Gaa-Gau, 1929. Fonte citada en fr:Famille de Ganay
  9. Important Old Master Paintings - Sotheby's 28 de maio de 1999
  10. Ver a noticia da súa presentación, La National Gallery presenta 'Salvator Mundi', una pintura perdida atribuida a Leonardo da Vinci (en castelán)
  11. Esterow, Milton (xuño de 2011). "A Long Lost Leonardo". ARTnews. ARTnews. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2011. Consultado o 30 de xuño de 2011. 
  12. BBC News (12 de xullo de 2011). "Lost Leonardo Da Vinci painting to go on show". BBC. Consultado o 22 de novembro do 2017. 
  13. "Video: Leonardo’s Salvator Mundi makes auction history | Christie's’". Consultado o 22 de novembro do 2017. 
  14. "Subastan el 'Salvator Mundi' de Da Vinci en precio récord: 450 millones de dólares". RT en Español (en castelán). Consultado o 2017-11-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Marani, Pietro C. (1992). Leonardo. Catálogo completo de pinturas. Madrid: Akal. ISBN 84-460-0136-5. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]