Madonna Dreyfus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Madona Dreyfus
ArtistaPosiblemente de Leonardo da Vinci
Data1475-1480
Técnicaóleo sobre táboa
Dimensións15,7 cm × 12,8 cm
LocalizaciónGalería Nacional de Arte, Washington, D.C., Estados Unidos de América Estados Unidos

Madonna Dreyfus, tamén coñecida como A Virxe da granada, é unha pequena pintura ao óleo sobre taboa do renacemento italiano, atribuída ata agora ao pintor Lorenzo di Credi, aínda que máis recentemente foi reconsiderada como obra de Leonardo da Vinci.[1] Atópase na Galería Nacional de Arte de Washington, D.C.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Actualmente non hai consenso sobre o autor da obra, entre os que se especulan Leonardo da Vinci, Verrocchio ou Lorenzo di Credi. Para a maioría dos críticos, a anatomía do neno Xesús é tan pobre que desanima unha posible atribución a Leonardo, mentres que outros cren que é un traballo da súa mocidade.

Esta atribución foi feita por Suida, en 1929. Outros historiadores de arte como Shearman e Morelli atribúeno a Verrocchio. Daniel Arasse (1997) considera esta pintura como un traballo de mocidade de Leonardo.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dreyfus Madonna - by Leonardo da Vinci
  2. "lahornacina.com". Consultado o 27 de xullo do 2017. 
  3. Pietro C. Marani. "Leonardo: catálogo completo de pinturas". Consultado o 27 de xullo do 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]