Saltar ao contido

Bautismo de Cristo (Verrocchio)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bautismo de Cristo
 Título
   Battesimo di Cristo (it) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Inscrición
ECCE AGNIUS [DEI QUI TOLLIT PECCATA MUNDI] Editar o valor en Wikidata
Características
 Material / ingrediente
 Xénero artístico
 Tema principal
 Colección
 Relixión
Implicados
 Creador/a
Datas
 Fundación / creación
década de 1470
1472
década de 1470 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Altura
   177 cm Editar o valor en Wikidata
 Anchura
   151 cm Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/08s4wm Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Número inventario
Wikidata C:Commons

O bautismo de Cristo (en italiano, Battesimo di Cristo), é un cadro do taller do pintor renacentista italiano Verrocchio, algunhas de cuxas partes se atribúen a Leonardo da Vinci.[1] Está realizado ó óleo e témpera sobre táboa. Mide 177 cm de alto e 171 cm de ancho (151 cm segundo outras fontes). Foi pintado cara a 1475-1478, atopándose actualmente na Galería Uffizi, Florencia (Italia).

Posiblemente se trate dun encargo da igrexa de San Salvi de Florencia, onde estivo ata que pasou, tempo despois, ao convento de santa Verdiana. Ambas as igrexas pertenceron á orde dos vallombrosanos (congregación beneditina). En 1810 foi levado á Academia de Belas Artes e, en 1914, á Galería Uffizi.

Considérase que este é o primeiro traballo importante de Leonardo da Vinci como aprendiz. Fixo a pintura xunto co seu mestre Verrocchio. (Andrea del Verrocchio foi un escultor, ourive e pintor que dirixiu un grande e exitoso taller en Florencia na segunda metade do século XV.[2]) Para esta pintura, Verrocchio contou coa colaboración de Botticelli e dun Leonardo adolescente.

O primeiro que mencionou a intervención de Leonardo nesta táboa de Verrocchio foi Giorgio Vasari. Afirma Vasari que Verrocchio acabou desgustado coa arte de pintar, ao sentirse superado polo seu propio aprendiz, contándose a lenda de que chegou a romper os seus pinceis en fronte de todos os seus aprendices prometendo non volver pintar nunca xamais; en realidade non é certo, pero a anécdota exemplifica canto talento mostrou de súpeto Leonardo como pintor. Verrocchio exerceu sobre Leonardo unha profunda influencia, máis intelectual que artística.

Anxo executado por Leonardo.
Paisaxe atribuída a Leonardo.

Atribúenselle a Leonardo todas as partes executadas ó óleo. É obra súa indiscutible o anxo que está de perfil, abaixo á esquerda, axeonllado e recollendo as súas roupas. Evidénciase a delicadeza da man de Leonardo, que executou o rostro do anxo de modo moi maduro. Os anxos expresan as diferenzas estéticas de Verrocchio e Leonardo. O anxo do mestre mira con estrañeza ao do discípulo, cuxo dinamismo contrasta coa rixidez do outro. Ademais, o anxo de Leonardo distínguese pola súa elegancia; sobre el derrama unha luz que pon de relevo os drapeados ríxidos e delicados da vestimenta e as ondas da cabeleira dourada.

Tamén realizou algúns rizos do outro anxo, a paisaxe do fondo e retocou a face de Cristo. Na concepción da paisaxe do Bautismo de Cristo faise patente a observación da natureza por parte de Leonardo. Algúns autores consideran que o paxaro tamén é obra súa.

Xa aquí evidénciase o estilo que caracterizará mesmo as obras leonardescas da madurez; distínguese a primeira ollada pola intensidade das cores e, de modo máis determinante, polo dinamismo que consegue imprimir na figura do anxo e polos matices de cor da paisaxe. Nalgunhas partes evidénciase o uso das xemas dos dedos para estender a pintura e lograr mellor os matices das epiderme.

O corpo do Bautista parece máis propio do Pollaiolo, mentres que as mans de Deus e a palmeira resultan arcaicas e cualitativamente máis vulgares.

  1. Little Ninja Media. Caballini to Veronese, ed. "A guide to the works of the major Italian Renaissance Painters: Verocchio" (en inglés). Consultado o 9 de setembro do 2017.
  2. Ilan Rachum, The Renaissance: an Illustrated Encyclopedia, 1979, ISBN 0-7064-0857-8

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]