Saltos del Sil
Saltos del Sil | |
---|---|
![]() Logotipo da empresa nun almacén da Rúa. | |
Tipo | empresa eléctrica |
Data de fundación | 1945 |
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |


Saltos del Sil foi unha empresa hidroeléctrica española creada en 1945. En 1963 foi adquirida por Iberduero, actual Iberdrola, con quen se fusionou en 1983[1].
Historia[editar | editar a fonte]
Foi constituída en 1945 pola empresa Minero Siderúrgica de Ponferrada, que lle traspasou as concesións hidráulicas das que dispuña desde 1944 na conca do río Bibei e a do río Sil entre A Ponte de Domingos Flórez e a súa desembocadura no río Miño. Entre os seus socios estaban tamén Banco Pastor, Banco Santander e Eléctricas Leonesas, vinculada co Banco Central. A sede central da empresa estaba en Madrid, pero as operativas constituíronse na Rúa, A Pobra de Trives e Viana do Bolo.
Xunto coa empresa Hidroeléctrica de Moncabril construíu todo o sistema hidroeléctrico da conca dos ríos Navea, Bibei, Camba, Xares e Tera. Contou coa súa propia empresa construtora, Construcciones del Sil, e con liñas eléctricas entre Galicia, Ponferrada e Madrid.
A Minero Siderúrgica de Ponferrada mantén actividade no sector eléctrico mediante a empresa Distribuidora Eléctrica del Sil.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El origen de Iberdrola en Galicia: el Sil" Arquivado 06 de febreiro de 2018 en Wayback Machine., artigo na web de Iberdrola, 24 de novembro de 2009 (en castelán).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Chávarri Pérez, S. (2010). A construción dos Saltos do Sil (1945-1965). Deputación de Ourense e Iberdrola. ISBN 978-84-92554-16-4.