Salmonela
Salmonella | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Species | |||||||||||||
Salmonella é un xénero bacteriano formado por bacilos gramnegativos, anaerobios facultativos, con flaxelos perítricos que rodean ó microorganismo e non desenvolve esporas. Son bacterias móbiles que producen sulfuro de hidróxeno. Non fermentan glicosa nin lactosa.
É un axente zoonótico de distribución universal. Transmítese por contacto directo ou contaminación cruzada durante a manipulación, no procesado de alimentos ou no fogar, tamén por vía sexual.
Microbioloxía
[editar | editar a fonte]Son bacterias gramnegativas. Crece con facilidade no medio de cultivo ágar sangue formando colonias de 2 a 3 milímetros. En laboratorios de microbioloxía clínica íllase con medios selectivos, Selenito, Hektoen, SS ou XLD, para inhibir o crecemento doutras bacterias patóxenas e da flora intestinal saprófita.
A taxonomía de Salmonella é complicada. Actualmente hai dúas especies dentro do xénero: Salmonella bongori (previamente subespecie V) e S. enterica, que se divide á súa vez en seis subespecies.
- I enterica
- II salamae
- IIIa arizonae
- IIIb diarizonae
- IV houtenae
- (V S. bongori, xa incluída nunha especie distinta)
- VI indica
Cada subespecie á súa vez, está conformada por diversos serotipos, e ata a actualidade foron identificados máis de 2.500.
Patoxenia
[editar | editar a fonte]Produce gastroenterite, cun período de incubación de entre 5 horas e 5 días, diarrea e dor abdominal. A través das feces do enfermo elimínanse gran cantidade de bacterias; e febre entérica, cun período de incubación de 7 a 28 días, causante da dor de cabeza, febre, dor abdominal e diarrea, erupción máculo-papulosa en peito e lombo. Os enfermos presentan un período de convalecencia entre 1 e 8 semanas.
As persoas curadas eliminan Salmonella durante máis dun ano.