Sally Field
Sally Margaret Field, nada en Pasadena (California) o 6 de novembro de 1946, é unha actriz de cinema e televisión estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira interpretativa na televisión a finais dos anos sesenta, como na serie The Flying Nun (1967-1970) da que foi protagonista. O seu primeiro papel importante no cinema foi en 1967, no filme The Way West.
En 1979 protagonizou Norma Rae, que lle valeu multitude de premios coma o oscar á mellor actriz e o premio á mellor actriz en Cannes. Cinco anos despois chegoulle o seu segundo oscar, con Places in the Heart.
Nos anos noventa os seus traballos foron máis esporádicos, con filmes como Forrest Gump ou Non sen a miña filla.
Ten traballado tamén na televisión nas últimas décadas, con papeis en series coma ER e Brothers & Sisters.
En 2005 foille diagnosticada osteoporose.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme |
|---|---|
| 1962 | Moon Pilot |
| 1976 | Stay Hungry |
| 1977 | Smokey and the Bandit |
| 1977 | Heroes |
| 1978 | The End |
| 1978 | Hooper |
| 1979 | Norma Rae |
| 1979 | Beyond the Poseidon Adventure |
| 1980 | Smokey and the Bandit II |
| 1981 | Back Roads |
| 1981 | Absence of Malice |
| 1982 | Kiss Me Goodbye |
| 1984 | Places in the Heart |
| 1985 | Murphy’s Romance |
| 1987 | Surrender |
| 1987 | Arma letal |
| 1988 | Punchline |
| 1989 | Steel Magnolias |
| 1991 | Non sen a miña filla |
| 1991 | Soapdish |
| 1993 | Mrs. Doubtfire |
| 1994 | Forrest Gump |
| 1996 | Eye for an Eye |
| 2000 | Where the Heart Is |
| 2000 | David Copperfield |
| 2001 | Say It Isn’t So |
| 2003 | Unha loira moi legal 2 |
| 2006 | Two Weeks |
| 2012 | The Amazing Spider-Man |
| 2012 | Lincoln |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sally Field |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sally Field na IMDb (en inglés).
- Actores de California
- Actores de cinema dos Estados Unidos de América
- Actores infantís dos Estados Unidos de América
- Actores de televisión dos Estados Unidos de América
- Actores de voz dos Estados Unidos de América
- Cantantes de California
- Directores de cinema dos Estados Unidos de América
- Nados en 1946
- Nados en Pasadena, California
- Estadounidenses de ascendencia inglesa
- Óscar á mellor actriz