Salizhan Sharipov
Aparencia
Salizhan Shakirovich Sharipov, nado en Uzgen (oblast de Osh, Kirguizistán) o 24 de agosto de 1964, é un cosmonauta de Kirguizistán que participou nas misións Soiuz TMA-5 e STS-89 e foi membro da Expedición 10 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sharipov graduouse na Escola de Pilotos da Forza Aérea en 1987, traballando posteriormente como instrutor. Graduouse en cartografía en 1994 na Universidade do Estado en Moscova.[1][2]
Foi seleccionado como candidato a cosmonauta en 1990, pasando o adestramento de dous anos. Participou nas misións Soiuz TMA-5 e STS-89 e foi membro da Expedición 10 á Estación Espacial Internacional, pasando un total de 201,62 días no espazo.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2021). "Sharipov, Salizhan Shakirovich" (en inglés). Consultado o 1 de marzo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA (ed.). "Shuttle-Mir History/People/Cosmonauts/Sharipov" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 1 de marzo de 2021.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salizhan Sharipov |