Saltar ao contido

STS-89

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-89
Lanzamento da misión STS-89.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento23 de xaneiro de 1998, 2:48 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión8,82 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Mir.[3][6]
Regreso31 de xaneiro de 1998[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1998-003A

STS-89 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 23 de xaneiro de 1998 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-89, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para acoplarse, por penúltima vez, á estación espacial Mir. A tripulación estaba formada polo comandante Terrence W. Wilcutt, o piloto Joe F. Edwards, a comandante de carga Bonnie J. Dunbar e os especialistas de misión Michael P. Anderson, James F. Reilly, Salizhan Shakirovich Sharipov e Andrew S. W. Thomas e fixo tamén varios experimentos a bordo. Durante a misión transferíronse máis de 3629 kg de equipamento científico e subministracións do Endeavour á Mir.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 31 de xaneiro de 1998 con David Wolf a bordo e deixando a Thomas na Mir.[3][5][6]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 89" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  2. 1 2 "Note verbale dated 22 July 1998 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (98-55196(E)). 4 de agosto de 1998: 13. Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 89" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-89" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  5. 1 2 3 4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Mark Wade (2011). "STS-89" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2018.
  7. NASA (23 de novembro de 2007). "STS-89" (en inglés). Consultado o 26 de decembro de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]